Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEISSAL

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para actividades ou proxectos de interese social

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

O obxecto desta convocatoria é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña.

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para actividades ou proxectos de interese social 2025

Inscricións:

Dende o 04/06/2025 ata o 02/07/2025

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios/as, independente da súa porcentaxe na sociedade

Requisitos:

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

Ademais dos requisitos recolleitos na bases, é imprescindible que a asociación estea inscrita no REMAC. Se non é así, deberá solicitar a súa inscrición, debendo estar inscrita antes da data da proposta da concesión da subvención. REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.

Reformulación

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención otorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería do Area de Benestar Social, Participación e Igualdade.

Presentación

Prazo de presentación:

20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 04 de Xuño ao 02 de Xullo, ambos inclusive).

Documentación necesaria:

Formulario web, debidamente cuberto.

MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1.

ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2.

OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADEA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS: (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante. (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade.

REMAC: Resolución de inscrición no REMAC. No suposto de non estar inscritos en REMAC, deberá solicitar a súa inscrición no servizo correspondente.

OUTRA DOCUMENTACIÓN: Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.

Documentos relacionados

  • Anexo S.1 - Memoria descritiva do proxecto_CASTELÁN (257 KB)
  • Anexo S.1 - Memoria descrptiva do proxecto_GALEGO (80 KB)
  • Anexo S.2 - Orzamento de ingresos e gastos_CASTELÁN (169 KB)
  • Anexo S.2 - Orzamento de ingresos e gastos_GALEGO (57 KB)
  • R.1. Solicitude de reformulación_CASTELÁN (62 KB)
  • R.1. Solicitude de reformulación_GALEGO (62 KB)
  • R.2. Reformulación presuposto de ingresos e gastos_CASTELÁN (58 KB)
  • R.2. Reformulación orzamento de ingresos e gastos_GALEGO (60 KB)
  • Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros (93 KB)

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

Non dispoñible. Presentación telemática obrigatoria.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=883

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, contado a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Publicarase proposta de resolución provisional das axudas ao día seguinte da súa aprobación, que terá o carácter de notificación colectiva para todos os efectos. Abrirase o prazo de dez días hábiles para a presentación de alegacións.

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada poderase instar á á reformulación da súa solicitude nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.

As entidades que presenten reformulacións poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente . Deberán utilizar os Anexos R.1 e R.2 dispoñibles no apartado de Documentos "relacionados" desta páxina.

Despois de examinar as alegacións e reformulacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

Contra a resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

- Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.

O prazo de presentación das xustificacións será ata o 31 de marzo de 2026.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión