Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEISSAL

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para actividades ou proxectos de interese social

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

O obxecto desta convocatoria é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña.

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para para actividades ou proxectos de interese social 2021

Inscricións:

Dende o 15/04/2021 ata o 14/05/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios/as, independente da súa porcentaxe na sociedade

Requisitos:

Ademais dos requisitos recolleitos nas bases, é imprescindible que a asociación estea inscrita no REMAC. Se non é así, deberá solicitar a súa inscrición, debendo estar inscrita antes da data da proposta da concesión da subvención. REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.

Presentación

Documentación necesaria:

Solicitude: Solicitude específica ANEXO S.0

MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1

ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2

OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas ANEXO S.3

PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas ANEXO S.4

CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social ANEXO S.5

DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade ANEXO S.6

OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS: Certificado que acredite estar ao corrente das obrigacións tributarias

NOMEAMENTO: Certificación acreditativa do nomeamento da persoa representante da entidade

DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante

ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade

Documentos relacionados

  • Anexo S.7 - Solicitude de reformulación SS2021 (900 KB)
  • Anexo S.8 - Reformulación presuposto SS2021 (853 KB)
  • Anexo S.0 - Solicitude de subvención SS2021 (33 KB)
  • Anexo S.1 - Memoria explicativa SS2021 (26 KB)
  • Anexo S.2 - Orzamento de ingresos e gastos da actividade SS2021 (24 KB)
  • Anexo S.3 - Certificado de subvencións solicitadas e concedidas para a mesma actividade/finalidade SS2021 (22 KB)
  • Anexo S.4 - Declaración sobre previsión de contratación con persoas/entidades vinculadas SS2021 (23 KB)
  • Anexo S.6 - Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade SS2021 (25 KB)
  • Anexo S.5 - Certificación cargos representativos, finalidade e sede social da entidade SS2021 (22 KB)

Canles de presentación

Presencial

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional que requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=883

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, contado a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

O seis de agosto publicouse proposta de resolución provisional das axudas. Abriuse o prazo para presentación de alegacións, finalizando este o día 13 de agosto.

De acordo coa base 14 da convocatoria, ínstase a presentación de reformulacións das entidades afectadas. Dita presentación deberá facerse necesariamente entre o 20 e 22 de setembro.

As persoas interesadas que presenten reformulacións poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente" dispoñible aquí. Deberán utilizar os Anexos S.7 e S.8 dispoñibles no apartado de Documentos "relacionados" desta páxina.

Despois de examinar as alegacións e reformulacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.

Contra a resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

- Recurso potestativo de reposición.

- Recurso contencioso-administrativo.

O pagamento da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pagamento anticipado da subvención outorgada, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.

O prazo de presentación das xustificacións será do 1 ao 31 de xaneiro de 2022.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión