Concello da Coruña

Concello da Coruña

Medios de identificación electrónica admitidos

O Concello da Coruña, para acceder aos seus servizos electrónicos, admite distintos medios de identificación e sinatura electrónica, que poden variar en función do servizo ou do nivel de identificación ou autenticación necesario. O Concello da Coruña traballa continuamente para ir incorporando novos sistemas de identificación e sinatura electrónica.

Servizos de rexistro, tramitación, consulta de expedientes ou notificacións electrónicas

A Sede electrónica do Concello da Coruña acepta para estes servizos a identificación mediante o sistema Cl@ve

Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que a/o cidadá/n poida identificarse ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal), sen ter que lembrar claves diferentes para acceder aos distintos servizos. Admite identificación, así mesmo, mediante certificados electrónicos ou DNI electrónico.

Servizos da Oficina Virtual do Contribuínte

Aos servizos relacionados coa Oficina Virtual do Contribuínte (consulta e obtención de recibos, domiciliacións, obxectos tributarios, liquidacións e outros) pode accederse mediante os sistemas de identificación e sinatura recoñecidos en @firma. Pode consultar os certificados admitidos na seguinte ligazón

Outros servizos electrónicos

  • Padrón municipal, para o acceso a datos do Padrón municipal requírese sistema de identificación e sinatura recoñecido en @firma.
  • Cita previa, non é necesario identificación electrónica.

Se non dispón dun medio de identificación e sinatura electrónica admitido pode obtelo da seguinte forma:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión