Concello da Coruña

Concello da Coruña

Requisitos técnicos

A continuación pode consultar os requisitos técnicos para os distintos servizos da sede electrónica

    Para presentar electronicamente solicitudes, escritos e comunicacións mediante rexistro electrónico

    Consulte os requisitos técnicos que cómpre ter en conta

    Sistemas operativos soportados

    • Microsoft Windows, 7 e 8, 8.1 (32 e 64 bits) e 10
    • Linux 2.6 (Ubuntu).
    • Mac OS X 10.11 e superiores. Soportado directamente en 10.11 e 10.11.1

    Navegadores soportados

    • Internet Explorer 8., Microsoft Edge v.20
    • Google Chrome: a partir da versión 46, inclusive ou superior.
    • Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior.
    • Apple OS X: Safari 9.0 ou superior

    Requisitos de formato e tamaño da documentación que hai que achegar na solicitude

    O número máximo de documentos admitidos por solicitude é de 25 arquivos, sempre que o peso máximo en MB dos arquivos que se poden engadir como documentación adicional nunha tramitación non superen os 30 Mb cada arquivo individual e que coa suma todos os arquivos non superen os 50 Mb

    Os tipos de arquivos que se poden engadir como documentación adicional nunha tramitación son: doc | docx | pdf | txt | gif | jpg | jpeg | bmp | zip | rar

    Sinatura electrónica de documentos e da solicitude

    Para asinar electronicamente a solicitude e documentos necesitará instalar Autofirma.

    AutoFirma é unha aplicación de escritorio do Ministerio de Facenda e Función Pública que lle permite realizar a sinatura electrónica dunha solicitude no seu equipo, de forma sinxela e sen necesidade de utilizar o compoñente de firma Miniapplet.

    AutoFirma permite executar operacións de sinatura de ficheiros locais en contornos de escritorio (Windows, Linux e Mac OS X). Tamén se pode utilizar a través de consola ou ser invocada por outras aplicacións mediante protocolo para executar operacións de sinatura.

    Esta ferramenta usa as claves privadas asociadas aos certificados do/a usuario/a e non permite que estes saian en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador) localizado no seu PC.

    Así, non almacena ningún tipo de información persoal da persoa usuaria, nin usa cookies nin ningún outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si almacena trazas da súa última execución para os efectos de lle ofrecer soporte á persoa usuaria no caso de atopar algún erro. Estas trazas de execución non conteñen ningún tipo de información persoal e a aplicación non facilita de ningún xeito o acceso a estes datos almacenados.

    Dispón de diferentes versións de Autofirma para Windows, Linux e MAC.

    Medios de identificación e sinatura electrónica admitidos

    Consulte os medios de identificación e sinatura electrónicos admitidos no apartado correspondente da sección Identificación electrónica

    Accesibilidade desde dispositivos móbiles

    Consulte información no seguinte apartado Pódese acceder á sede electrónica desde o móbil?

    Para acceder aos servizos da Oficina Virtual do Contribuínte ou Tributaria

    Consulte os requisitos técnicos a ter en conta

    Sistemas operativos soportados

    • Microsoft Windows, 7 e 8, 8.1 (32 e 64 bits) e 10
    • Linux 2.6 (Ubuntu)
    • Mac OS X 10.11 e superiores

    Navegadores soportados

    • Google Chrome
    • Firefox
    • Internet Explorer
    • Microsoft Edge
    • Safari

    Medios de identificación e sinatura electrónica admitidos

    Consulte os medios de identificación e sinatura electrónicos admitidos no apartado correspondente da sección Identificación electrónica

    Accesibilidade desde dispositivos móbiles

    Consulte información no seguinte apartado Pódese acceder á sede electrónica desde o móbil?

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión