Concello da Coruña

Concello da Coruña

Calendario, data e hora oficial

Pode presentar solicitudes, escritos e comunicacións de forma electrónica todos os días do ano durante as vinte e catro horas do día.

  • A presentación nun día inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte, salvo que a norma permita expresamente a recepción en día inhábil. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Calendario de días inhábiles

No cómputo de prazos dos trámites fixados en días hábiles, considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como tales nos calendarios oficiais de festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia e festas locais do Concello da Coruña.

Días inhábiles para o ano 2021

Os días inhábiles para o ano 2021 son os seguintes:

  • 1 xaneiro, Ano Novo
  • 6 de xaneiro, Día de Reis
  • 16 de febreiro, Martes de Entroido
  • 19 de marzo, San Xosé
  • 1 de abril, Xoves Santo
  • 2 de abril, Venres Santo
  • 1 de maio, Festa do Traballo
  • 17 de maio, Día das Letras Galegas
  • 24 de xuño, San Xoán
  • 12 de outubro, Festa Nacional de España
  • 1 de novembro, Todos os Santos
  • 6 de decembro, Día da Constitución Española
  • 8 de decembro, Inmaculada Concepción
  • 25 de decembro, Nadal

    Data e hora oficiais

    É a data e hora que quedarán rexistradas nos trámites ou xestións que vostede realice nesta sede electrónica. A súa principal utilidade é servir de referencia no cómputo de prazos dos trámites que vostede realice coa Administración.

    Para calquera trámite que se realice desde esta sede, serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan as que teñan validez legal, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite. É necesario actualizalas cando se queira ter a seguridade da data e da hora nun momento dado.

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión