Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEISSAL

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para actividades ou proxectos de interese social

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

O obxecto desta convocatoria é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña.

Subvencións para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para para actividades ou proxectos de interese social 2020

Inscricións:

Dende o 04/07/2020 ata o 03/08/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios/as, independente da súa porcentaxe na sociedade

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións

Reformulación de solicitudes, de 25 a 27 de novembro, en contestación á petición do Concello.

Presentación

Documentación necesaria:

Solicitude Xeral: Solicitude específica ANEXO S.0

MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1

ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2

OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas ANEXO S.3

PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas ANEXO S.4

CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social ANEXO S.5

DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade ANEXO S.6

OBRIGAS TRIBUTARIAS: Certificado que acredite estar ao corrente das obrigas tributarias.

DNI/NIF DA PESONA REPRESENTANTE: Fotocopia compulsada do DNI/NIF de persoa representante.

NOMEAMENTO: Certificación acreditativa do nomeamento de persoa representante da entidade.

DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante.

ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade.

RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN NO REMAC: No suposto de non estar inscritos en REMAC, deberá solicitar a súa inscrición no servizo correspondente.

CALQUERA OUTRA documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle, mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.

Documentos relacionados

  • Anexos Xustificación (1 MB)
  • Anexo S.8. - Reformulación presuposto de ingresos e gastos previstos (2 MB)
  • Anexo S.7 - Solicitude reformulación (3 MB)
  • Anexo S.6 - Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade
  • Anexo S.5 - Certificación cargos representativos, finalidade e sede social da entidade (3 MB)
  • Anexo S.4 - Declaración sobre previsión de contratación con persoas/entidades vinculadas (1 MB)
  • Anexo S.3 - Certificado de subvencións solicitadas e concedidas para a mesma actividade/finalidade (3 MB)
  • Anexo S.2 - Orzamento de ingresos e gastos da actividade (3 MB)
  • Anexo S.1 - Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación
  • Anexo S.0 - Solicitude de subvención SS2020 (290 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso específico de solicitude e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=883

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, contado a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a resolución que se dite, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

- Recurso potestativo de reposición

- Recurso contencioso-administrativo.

O pagamento da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.

O prazo de presentación das xustificacións será do 1 ao 31 de xaneiro de 2021

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión