SARNBUE
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Vivenda e Rehabilitación
Si
Subvencións para obras de mellora de eficiencia enerxética en inmobles, dentro do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do PRTR, financiado pola UNIÓN EUROPEA - NextGenerationEU.
As subvencións obxecto desta convocatoria son para actuacións de mellora da eficiencia enerxética, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva e nas vivendas unifamiliares, que estean dentro das seguintes contornas residenciais de rehabilitación programada (ERRP) do Concello da Coruña:
O Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio enmárcase no Programa do PRTR, destinado a financiar obras de rehabilitación e, conxuntamente, de urbanización de espazos públicos dentro destes ERRP.
SUBVENCION DO PROGRAMA DE AXUDA Ás ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE BARRIO DO PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Dende o 07/06/2025 ata o 07/07/2025
Estas axudas están destinadas ás seguintes persoas ou entidades, que poderán ser consideradas persoas beneficiarias destas axudas:
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto a da letra e) dos citados artigos, relativa á obrigación de estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social, aínda que non poderá procederse ao pago da axuda en tanto non se acredite estar ao corrente do cumprimento das devanditas obrigacións, de conformidade co disposto no artigo 6.1 de Real decreto 853/2021 e no artigo 21.3 da Resolución IGVS de 8 de xullo de 2022.
Os requisitos das actuacións para ser consideradas actuacións subvencionables son, basicamente, os seguintes:
O detalle destes requisitos está previsto na convocatoria.
As persoas e entidades solicitantes deberán presentar a solicitude, acompañada de toda a documentación indicada na convocatoria.
No momento de presentación da solicitude deberase contar co título habilitante correspondente, licenza ou comunicación previa, ou ben coa solicitude do mesmo, que recollerá as actuacións para as que se solicite subvención.
Ningún
Xunta de Goberno Local ou, no seu caso, por razón da contía, á persoa titular da Concellería Delegada da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña, por delegación da Xunta de Goberno Local.
A convocatoria e os Anexos estarán dispoñibles na sede electrónica municipal e na BDNS.
Poderase obter información sobre estas subvencións a través dos seguintes medios:
Normativas relacionadas
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes para contar desde o día seguinte á publicación no BOP (do 7 de xuño ao 7 de xullo de 2025 ). Pique aquí para ver en ligazón á publicación no BOP.
Documentación xeral:
Documentación xeral técnica, asinada por persoa técnica competente:
Documentación a presentar no caso de que se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica:
Documentación de xustificación de actuacións:
Documentos relacionados
Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica na apartado documentación necesaria segundo corresponda
Aqueles suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide apartado Onde se fai)
Non será necesario achegar á solicitude (Anexo I), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2302
Se Ud. xa presentou prevismente unha solicitude e desexa achega nova documentación, non o faga a través deste trámite senón a través do procedemento SUBSANACION SUBVENCION DO PROGRAMA DE AXUDA Ás ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE BARRIO DO PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
Desestimatorio
Corrección
Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando o trámite da Sede SUBSANACION SUBVENCION DO PROGRAMA DE AXUDA Ás ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE BARRIO DO PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
Xustificación
No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado. Esta xustificación realizarase a través deste trámite da sede JUSTIFICACION EJECUCION OBRAS SUBVENCION DO PROGRAMA DE AXUDA Ás ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN A NIVEL DE BARRIO DO PRTR, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Recursos
Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:
- Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes.
- Recurso contencioso-administrativo ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible