O Concello da Coruña pon a disposición das súas veciñas e veciños a posibilidade de efectuar os seguintes trámites relativos ao Padrón de Habitantes de forma telemática.
Modificar os datos que constan no Padrón
Mediante este trámite poderás poñer en coñecemento do concello calquera modificación dos datos persoais que constan no Padrón; sería o caso por exemplo dun cambio no documento de identificación, nome, apelidos, data de nacemento, sexo ou nivel de estudos.
Alta por nacemento
O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunica periodicamente ao concello a información dos nados no mesmo, que se incorporan ao padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o teu fillo ou filla recentemente nado empadróese contigo urxentemente, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de forma telemática.
Baixa por defunción
O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunica periodicamente ao concello esta información, que se incorpora ao padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se por algún motivo necesitas que o padrón rexistre unha baixa por falecemento, sen esperar á comunicación do INE, aquí poderás facelo de forma telemática.
Renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras
Mediante este trámite, as persoas estranxeiras que cumpran certos requisitos poderán confirmar a súa inscrición no Padrón de habitantes contestando á petición que recibirán do concello.
Certificados de empadroamento sen DNI electrónico ou certificación dixital
Mediante esta opción poderán solicitarse certificados de empadroamento que serán remitidos por correo postal ao domcilio onde a persoa solicitante estea empadroada, a condición de que esta persoa estea actualmente empadroada no Concello da Coruña.
Certificados de empadroamento con DNI electrónico ou certificación dixital
Mediante esta opción, tras validar o seu certificado electrónico, accederá ao servizo de obtención de certificados de empadroamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible