SBC
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sociedade e benestar, Educación
Servizos Sociais
Si
Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña
Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.
Bolsas comedor convocatoria 2021
Dende o 05/04/2021 ata o 30/04/2021
Alumnado matriculados no curso 2021/2022 nos centros educativos do termo municipal e empadroado na Coruña que cumpran os requisitos establecidos nas bases.
Empadroamento
Número de identificación
Matrícula en centro educativo na Coruña
Ingresos
Obrigacións tributarias e SS
Outros
Ningún
Titular da Concellería de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.
Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.
Para poder valorar as circunstancias incluídas no baremo desta convocatoria, deberán marcarse na solicitude as circunstancias para valorar, debendo presentarse ademais os documentos acreditativos. Non se terán en conta en ningún caso aquelas circunstancias obxecto de baremación que, a pesar de ser marcadas na solicitude, non fosen acompañadas da xustificativa que indican estas bases.
O órgano instrutor poderá requirir, en calquera momento, a presentación doutra documentación complementaria que se considere pertinente para a valoración.
Normativas relacionadas
Desde o 05/04/2021 ata o 30/04/2021.
Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fose do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2021/2022, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 13:
Solicitude específica
Impreso de Solicitude municipal de bolsa de comedor (Mod. 088) completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente goce da bolsa. No caso de que esta sexa menor de idade deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto. ESTE IMPRESO É DE PRESENTACIÓN OBRIGATORIA TANTO EN MODALIDADE PRESENCIAL COMO EN LIÑA.
Identificación
DNI, NIE ou número de identificacion fiscal válido.
Anexos
Certificado escolar ou copia da solicitude de matrícula
Xustificante de escolarización no centro.
Libro de familia
Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente.
Declaración de IRPF
(Modelo D-100) de 2019 ou certificado de imputación de rendas (se non autoriza consulta). As persoas que durante o prazo de presentación de solicitudes presentasen a declaración do IRPF do exercicio 2020 e consideren que estes datos económicos resúltanlles máis beneficiosos, poderán presentar a declaración do IRPF do exercicio 2020.
Perceptores sde prestacións de RISGA/RSM/IMV/Subsidio de desemprego: certificado de prestacións (se non autoriza consulta).
En caso de imposibilidade para a obtenciónde datos sobre ingresos da AEAT na devandita anualidade:
Titulares de prestacións de incapacidade permanente ou gran invalidez
Certificado de prestacións (se non autoriza a consulta).
Proxenitores non convivientes
Unidades familiares monoparentais
Certificado de defunción / Certificado de monoparentalidad / Libro de familia.
Vulnerabilidade económica por COVID-19
Incompatibilidade horaria
Certificado (ou declaración xurada, en caso de traballadoras/é por conta propia) con indicación do horario de traballo, das persoas que ostentan a custodia.
Outras circunstancias sociofamililares
Situación de discapacidade
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a firma electrónica ao final do proceso.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando, preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1482
Tres meses, de acordo co artigo 21, apartado 3, da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común da Administracións Públicas
Desestimatorio
Despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, o Concello examinará estas xunto coa documentación presentada e requirirá, no caso de que as mesmas non reúnan algún dos requisitos establecidos na convocatoria, aos/as solicitantes a corrección das súas solicitudes nun prazo máximo de dez (10) días hábiles desde a publicación do devandito acto na sede electrónica do Concello da Coruña. Esta información tamén poderá estar dispoñible na páxina web de Servizos Sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.
Revisada a documentación achegada, a mesa de valoración informará e o órgano instrutor formulará a proposta de resolución provisional, que, debidamente motivada, publicarase no taboleiro de edictos electrónico do concello e indicará a listaxe de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada. A publicación iniciará o cómputo dun prazo para alegacións que será de dez (10 días hábiles).
Despois de examinar as alegacións presentadas, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva.
A continuación, as persoas propostas como beneficiarias deberán aceptar ou renunciar á bolsa. Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non renunciasen de maneira expresa.
A persoa titular da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación resolverá a concesión / denegación das bolsas de comedor. A resolución que adopte retrotraerá os seus efectos á data do inicio da prestación do servizo de comedor.
A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que as listas anteriores
RECURSOS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible