Concello da Coruña

Concello da Coruña

SBC

Bolsas comedor

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar, Educación

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña

Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.

Bolsas comedor convocatoria 2020

Inscricións:

Dende o 02/02/2021 ata o 20/02/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

2019/2020. Alumnado matriculado nos centros educativos do termo municipal e empadroado na Coruña que cumpran os requisitos establecidos nas bases

Requisitos:

Empadroamento

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Matrícula en centro educativo na Coruña

  • Estar matriculada/o ou ter praza solicitada nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor, xa sexa en educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

Ingresos

  • Non superar os 7000 euros anuais de ingresos per cápita, de conformidade co baremo que se establece na presente convocatoria para a unidade familiar nuclear

Obrigas tributarias e SS

  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

Outros

  • Cumprir cos deberes derivados da participación na convocatoria anterior
  • Non ter condena mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas ou por delitos de prevaricación, suborno, malversación de fondos públicos, tráfico de influencias, fraudes e exacciones ilegais ou delitos urbanísticos.
  • Non resolver de maneira culpable ningún contrato realizado coa administración.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2020/2021, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 14.

Presentación

Prazo de presentación:

Desde o 02/02/202 ata o 20/02/2020.

Poderán admitirse de maneira excepcional solicitudes fóra do prazo establecido e ao longo de todo o curso escolar 2020/2021, cando con posterioridade ao final do devandito prazo concorra algunha das circunstancias previstas na base 14

Documentación necesaria:

Solicitude específica

Impreso de Solicitude municipal de bolsa de comedor (Mod. 088) completamente cuberto a nome do alumno ou alumna que efectivamente goce da bolsa. No caso de que esta sexa menor de idade deberá vir asinada polo seu representante legal. Especificaranse igualmente o centro escolar e os datos de contacto.

Anexos

  • ANEXO I. Declaración responsable do compromiso de cumprir as obrigas da convocatoria.
  • ANEXO II. Declaración responsable de non ter pendente de reintegro ningunha outra subvención de calquera administración.
  • ANEXO III. Declaración responsable de atoparse ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • ANEXO IV. Relativo á consulta de datos, asinado por ambas as proxenitoras, titoras ou gardadoras.
  • ANEXO V Cesión do dereito de cobro da subvención á entidade que preste o servizo de comedor. No caso de que se tramite telematicamente a solicitude, deberá entregar igualmente os anexos cumprimentados.

Certificado escolar ou copia da solicitude de matrícula

Xustificante de escolarización no centro.

Libro de familia

Copia completa do Libro de Familia ou documentación equivalente.

Sentenza/Convenio regulador

Pensión de alimentos actualizada. No seu caso, trámites de execución de sentenza.

Violencia de xénero

Documentación acreditativa (certificado orde de protección, sentenza de calquera orde xurisdicional, informe servizos sociais...) recollida no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, Galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, sempre que se poida comprobar que a situación de violencia produciuse dentro dos últimos 3 anos.

Intolerancias

Informe médico que indique intolerancia alimentaria.

Alugueiro/Hipoteca

Xustificante do último recibo de alugueiro/hipoteca no que conste o enderezo do domicilio.

Dificultade física ou psíquica

Certificado emitido polo/a Traballador/a Social do Centro de Saúde.

Incompatibilidade horaria

Certificado de empresa da incompatibilidade horaria.

Padrón

Xustificante de empadroamento e convivencia, só no caso de oposición a que o concello concello realice a consulta de datos.

Informe de vida laboral

Informe de vida laboral dos últimos 12 meses das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Rexistro de prestacións sociais públicas

Certificado de prestación/pensión mensual da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

SEPE - INAEM

Certificado de prestación da persoa solicitante e das persoas proxenitoras, titoras ou que ostenten a custodia legal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Diversidade funcional

Certificado de discapacidade, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Datos de renda correspondentes ao último exercicio dispoñible e certificado de estar ao corrente coas obrigas coa AET, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Débeda Concello

Certificado de estar ao corrente coas obigaciones tributarias, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Tesourería Xeral da Seguridade Social

Certificado de estar ao corrente coas obrligaciones coa Seguridade Social, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

RISGA

Certificado emitido polo órgano autonómico competente no que se especifique a situación de ser preceptor da Renda de Inclusión Social de Galicia, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Renda Social Municipal

Certificado emitido polo departamento municipal correspondente no que se especifique a situación de ser perceptor da Renda Social Municipal, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Familia numerosa

Título de Familia Numerosa expedido polo órgano autonómico competente, só no caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos .

Documentos relacionados

  • Solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros (93 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.

Internet

Que se necesita?:

e-DNI ou certificado electrónico

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar toda a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso

Teléfono

Como se fai?:

.

Onde se fai?:

981184200

Despois

Prazo de resolución:

A concesión da bolsa de comedor con cargo a esta convocatoria implica a cesión do dereito de cobro ás entidades que efectivamente prestan o servizo.

Sentido do silencio administrativo:

Negativo

E despois?:

Despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, a listaxe de admitidas/os e excluídas/os publicar nas oficinas dos rexistros municipais, nos taboleiros dos centros cívicos municipais, e na sede electrónica do Concello da Coruña : Sede Coruña .

A información tamén poderá estar dispoñible na páxina web municipal Coruña.Servizos Sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.

No caso dos/as alumnos/as excluídos/as indicaranse as causas de exclusión e concederáselles un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida.

Despois de realizar a valoración, o órgano instrutor ditará proposta de resolución provisional. A proposta recollerá a listaxe provisional de persoas beneficiarias e a puntuación outorgada. Ao día seguinte da publicación comezará a computar o prazo de 10 días hábiles para a presentación de alegacións.

A resolución definitiva publicarase por mesmos medios e lugares que as listas anteriores

RECURSOS

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso administrativo.
  • Calquera outro recurso que se estime procedente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión