Concello da Coruña

Concello da Coruña

SBC

Bolsas comedor

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sociedade e benestar, Educación

Órgano responsable:

Servizos Sociais

Vixente:

Si

Bolsas de comedor destinadas, con carácter xeral, ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña

Mediante este procedemento convócanse e adxudican axudas para o pago do servizo de comedor aos alumnos empadroados na Coruña.

Bolsas comedor convocatoria 2023

Inscricións:

Dende o 13/03/2023 ata o 12/04/2023

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Ao alumnado empadroado no termo municipal da Coruña e matriculado en centros con 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional e formación profesional básica.

Requisitos:

Empadroamento

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.

Número de identificación

  • Ter DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

Matrícula en centro educativo na Coruña

  • Estar matriculada/o ou ter praza solicitada no curso 2023/2024 nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado.

Obrigas tributarias e SS

  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Outros

  • Cumprir os requisitos específicos establecidos na convocatoria 2023 de bolsas municipais de comedor para o curso 2023/2024.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría de Área de Igualdade, Benestar Social e Participación.

Máis información:

Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.

Presentación

Prazo de presentación:

  • Presentación de solicitudes desde o 13/03/2023 ata o 12/04/2023 inclusive.

*Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes fixado na convocatoria ordinaria poderá solicitarse a axuda por causas sobrevindas cando concorra algunha das causas previstas no apartado 14 da convocatoria,

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

Débese presentar en todas as solicitudes a seguinte documentación con carácter preceptivo:

A) MODELO DE SOLICITUDE ESPECÍFICA PARA A CONVOCATORIA 2023/2024 (MODELO 088) cuberto e asinado pola persoa solicitante (alumno/a) ou, no caso de menores de idade, polo seu representante legal.

B) LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ou documento equivalente que acredite a filiación ou, no caso de existir outra relación coa persoa solicitante, a documentación xudicial ou administrativa que acredite dito vínculo.

C) ANEXO I autorización para a consulta de datos de carácter persoal dos proxenitores.

OUTRA DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR ATENDENDO Á SITUACIÓN DA UNIDADE FAMILIAR

  • Para os casos nos que NON SEXA POSIBLE A OBTENCIÓN DE DATOS ECONÓMICOS PARA AMBOS OU ALGÚN DOS PROXENITORES será obrigatorio que se presente, xunto co anexo I, unha declaración xurada de conformidade co ANEXO III que deberá vir asinada polos proxenitores afectados por esta circunstancia
  • En casos de educación combinada presentarase copia da resolución da autoridade educativa que especifique o réxime de asistencia a cada centro docente.
  • En casos de acollemento familiar ou de menores tutelados por unha institución pública presentarase copia da resolución administrativa ou xudicial que acredite esta circunstancia

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA A VALORACIÓN

Para a valoración de criterios diferentes da situación económica da unidade familiar presentarase a documentación enumerada no apartado 11 da convocatoria.

Documentos relacionados

  • Mod 088 Solicitude de bolsa comedor 2023 (200 KB)
  • Anexo I Autorización Consulta Proxenitor. Bolsas Comedor 2023 (329 KB)
  • Anexo II Oposición motivada. Bolsas Comedor 2023 (607 KB)
  • ANEXO III Declaración ingresos proxenitores. Bolsas Com. 2023 (845 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas. Sempre con cita previa.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado electrónico.
  • Comprobe que dispón de todos os documentos que se especifican no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación (botón "Tramitar en liña"), achegar na seguinte pantalla a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que con carácter xeral non é necesario asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Soamente no caso de que fose necesario que algún documento sexa asinado por máis dunha persoa, deberán asinalo antes de proceder á súa presentación nesta sede electrónica, utilizando preferentemente a citada ferramenta de Autofirma , desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1482

AVISO IMPORTANTE:

Este procedemento debe utilizarse exclusivamente para presentar a solicitude inicial de bolsa comedor para o curso 2023/2024. Deberá presentar obrigatoriamente o modelo 088 e o resto da documentación descrita na apartado "Documentación necesaria".

Se está a emendar ou achegando documentación para unha solicitude presentada anteriormente deberá utilizar o procedemento específico de  Emenda nas Bolsas comedor convocatoria 2023-2024  coa alumna/o como persoa interesada e a persoa que presenta como representante.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, de acordo co apartado 13.4 da convocatoria.

TRAMITACIÓN:

  • Revisión da documentación presentada e requirimento de corrección das deficiencias detectadas, que deberán emendarse nun prazo máximo de 10 días.
  • Avaliación das solicitudes pola mesa de valoración.
  • Proposta de resolución provisional.
  • Alegacións e presentación de documentación polos interesados nun período de 10 días.
  • Proposta de resolución definitiva
  • Aceptación/renuncia da axuda concedida.
  • Resolución de concesión/denegación da axuda.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

A concesión ou denegación da axuda realizarase pola Concelleira Delegada da Área de Igualdade, Benestar Social e Participación, que se publicará no o taboleiro de edictos electrónico do concello. Por este mesmo medio publicaranse as distintas incidencias que se produzan durante a convocatoria (revogación, modificación de centro ou contía da bolsa concedida, entre outros).

Todas as listaxes (requirimentos de corrección, listaxes provisionais e definitivas...) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código do seu expediente individual. Para facilitar a identificación do expediente, co requirimento de corrección de solicitudes, publicarase unha listaxe que identificará a totalidade de solicitudes presentadas no rexistro segundo o seu código de asento, xunto co número de expediente individual asignado.

Na lapela de PRESENTACIÓN desta páxina, apartado Documentos relacionados, subiuse unha nota aclaratoria para facilitar a consulta da listaxe publicada.

As persoas interesadas que desexen formular alegacións ou achegar mais documentación de xeito espontáneo, despois de realizar a solicitude, poderán utilizar o procedemento de Sede electrónica Achega de documentación , mencionando na dita solicitude o número de expediente individual afectado.

Para facilitar a achega de documentación coa proposta de resolución provisional achégase unha  Listaxe total de solicitudes presentadas bc 2023/2024_ uso público na que figura, xunto co asento do rexistro de entrada da solicitude, o código de expediente individual asignado a cada unha delas.

RECURSOS

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso administrativo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión