Concello da Coruña

Concello da Coruña

SUBVTAXI

Subvencións de apoio ao sector do taxi.

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sector público

Órgano responsable:

Mobilidade

Vixente:

Si

Subvencións de apoio ao sector do taxi.

Convócanse subvencións para que os titulares de licenzas de taxi poidan adquirir vehículos con combustibles alternativos, taxis adaptados e instalación de equipos de comunicación implementados sobre novas tecnoloxías.

Subvencións de apoio ao sector do taxi.

Inscricións:

Dende o 01/06/2020 ata o 30/06/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Calquera persoa física ou xurídica que sexa titular de licenza de auto-taxi, concedida polo Excmo. Concello da Coruña, que reúnan todos os requisitos establecidos no art. 6 da Ordenanza Municipal específica de subvencións do Servizo de Mobilidade Urbana

Requisitos:

  • Ser titular de licenza de auto-taxi, concedida polo Excmo. Concello da Coruña.
  • Non poderán ser persoas beneficiarias titulares de licenzas de auto-taxi cuxa licencia xa recibise unha subvención do Concello para idénticos fins en convocatorias anteriores, excepto nos supostos nos que non se concedese o importe íntegro da subvención fixado en convocatorias anteriores, podendo recibir o importe restante ata alcanzar o fixado nesta convocatoria, así como nos supostos en que a resolución de adxudicación da subvención teña unha antigüidade igual ou superior aos 6 anos desde a data de publicación desta convocatoria.
  • As subvencións non son compatibles entre si salvo a que se refire á instalación de medios de seguridade que será compatible con calquera das outras
  • Requirirase a afectación ao fin concreto obxecto de subvención por un período mínimo de dous anos.
  • Subvencionaranse os elementos e vehículos adquiridos entre o 1 de xaneiro de 2019 e o día que finalice o prazo de presentación de solicitudes para a obtención desta subvención. En ningún caso, subvencionarase a adquisición ou adaptación ou cambio de vehículos de segunda man. Non se considerarán de segunda man os vehículos Km0 con antigüidade inferior ao ano.
  • Os importes máximos a subvencionar son:
  1. Para vehículos eléctricos, 3.450,00 €
  2. Para vehículos híbridos, híbridos enchufables, glp, gas natural e demais vehículos de combustibles alternativos:
    • . Vehículo eléctríco con autonomía estendida, híbrido enchufable e vehículo híbrido: 2.500,00 €
    • . Vehículo a glp, gas natural e demais combustible alternativo: 1.000,00 €
  3. Para automóbiles destinados a Eurotaxi, para persoas con diversidade funcional, 3.450,00 €
  4. Para a instalación de medios de seguridade (Biombos e/ou GPS) 150,00 €

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Presentación

Prazo de presentación:

1 a 30 de xuño de 2020

Documentación necesaria:

Solicitude: Solicitude, cumprimentando as declaracións e autorizacións que figuran no propio modelo.

Fotocopia do NIF da persoa solicitante.

Fotocopia do poder do representante legal da entidade no seu caso.

Permiso de circulación do vehículo: Ao obxecto de acreditar a antigüidade da matrícula achegarase copia do permiso de circulación do vehículo; no caso de acreditar reforma, cambio ou adaptación do vehículo a combustible alternativo, ademais copia da ficha técnica do vehículo na que conste a anotación de autorización da reforma.

Ficha técnica do vehículo anterior: Con obxecto de acreditar a antigüidade da matrícula achegarase copia do permiso de circulación do vehículo novo e copia da ficha técnica do vehículo anterior, en caso de acreditar reforma, cambio ou adaptación do vehículo a combustible alternativo, ademais cde copia da ficha técnica do vehículo na que conste a anotación da reforma.

Declaración responsable: incorporada como anexo 3 a esta convocatoria, pola que, entre outras cuestións de interese para a persoa solicitante, declárase non estar incurso en ningún dos supostos de prohibición establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, substitúense as certificacións do artigo 22.2 e 3 do Real Decreto 887/2006, Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, atendendo ao límite fixado no artigo 24,4 da mesma norma, e infórmase sobre a existencia ou non doutras subvencións.

Certificado de homologación do sistema de seguridade.

Factura de adquisición do medio de seguridade, especificando marca e modelo do sistema de seguridade instalado.

Xustificante de pago da adquisición do medio de seguridade.

Factura de adquisición do vehículo, especificando marca e modelo do automóbil: na que quede debidamente acreditado que se trata dun vehículo híbrido, híbrido enchufable, vehículo GLP, vehículo de gas natural, vehículo eléctrico, demais vehículos de combustible alternativo ou vehículo destinado a Eurotaxi.

Factura de reforma ou adaptación do vehículo a combustible alternativo.

Xustificante de pago da adquisición ou adaptación do vehículo.

Documentos relacionados

  • Anexo 2. Declaración Doc. Apoio sector taxi (220 KB)
  • Anexo 3. Declaración Resp. Apoio sector taxi (509 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar a apartado "Documentación a achegar".

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral así como nas localizacións indicadas no apartado de rexistros municipais.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debese presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

6 meses desde a publicación da convocatoria.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión