Concello da Coruña

Concello da Coruña

IEE/IAE

Informe de Avaliación de Edificios

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Inspectora

Materia:

Vivenda

Órgano responsable:

Vivenda e Rehabilitación

Vixente:

Si

O IEE é un instrumento de acreditación do estado xeral de conservación dun inmoble, coa finalidade de verificar que cumpre coas condicións legais de seguridade, funcionalidade, habitabilidade e ornato. No mesmo documento avalíanse tamén as condicións básicas de accesibilidade e o grao de eficiencia enerxética.

A presentación do IEE, que é único por cada inmoble, corresponde aos propietarios dos inmobles.

O IEE será elaborado por técnico competente, tras a inspección da totalidade do inmoble (tanto elementos comúns como privativos), e reflectirá o resultado da inspección, Favorable ou Desfavorable; terá unha vixencia de 10 anos desde a súa firma polo técnico e, ao seu vencimiento, deberá presentarse un novo IEE na data límite que aparecerá indicada no certificado de inscrición do IEE no Rexistro Galego de Informes de Avaliación de Edificios (REGIAE).

Informe de avaliación de edificios (IAE)

Inscricións:

Dende o 29/09/2025

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas propietarias de inmobles que teñan algunha destas características:

  • Edificios catalogados, independentemente da súa antigüidade e uso.
  • Edificios residenciais cunha antigüidade de máis de 50 anos.
  • Edificios non residenciais cunha antigüidade de máis de 50 anos, excepto os localizados nas normas zonais 6 e 7.

Requisitos:

O IAE presentarase achegando o arquivo dixital PDF que xera a aplicación habilitada pola Xunta de Galicia para a súa elaboración, asinado pola persoa técnica redactora, e tendo en conta o establecido no artigo 2.2 da Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles. Deberá incluír un plano de situación a escala 1:1.000 obtido do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e fotografías en cor do exterior (fachadas, cuberta, patios) e dos espazos interiores e instalacións de uso común do edificio. No suposto dun IAE con resultado desfavorable, incluiranse tamén fotografías en cor das deficiencias causa dese resultado.

En particular, no apartado do estado de conservación do edificio do IAE avaliarase o estado xeral do edificio, dos seus elementos estruturais, construtivos e das instalacións, constatando as patoloxías ou deficiencias que se poidan apreciar na inspección visual e clasificando estas conforme ao disposto no artigo 13 do Decreto 61/2021; así como consignando unha valoración final sobre o estado de conservación do edificio, que será desfavorable no caso de existencia dalgunha deficiencia grave ou moi grave. Entenderase por deficiencias para consignar no IAE as que afectan ás condicións de seguridade, salubridade, funcionalidade e/ou ornato do edificio legalmente esixibles. Clasificaranse como leves, unicamente, as deficiencias que posibiliten relegar a súa emenda ás medidas de mero mantemento do edificio.

Ademais e conforme ao artigo 44 da ordenanza municipal, se o/a técnico/a informante constata durante a inspección necesaria para elaborar o IAE serios indicios da existencia de deficiencias que poidan poñer en risco a seguridade do edificio e/ou das persoas, deberá comunicarllo á propiedade de forma inmediata para que esta adopte as medidas preventivas que o/a propio/a técnico/a propoña. No IAE deberá facerse constar no apartado correspondente a efectiva adopción destas medidas.

Prezo / Custo:

Ningún prezo ou custo público.

A propiedade do inmoble asumirá o custo dos honorarios do/a técnico/a que contrate para elaborar o IAE.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

Máis información:

Efectos do incumprimento

O incumprimento por parte da propiedade do deber de presentar o IAE no tempo e forma establecidos, constitúe unha infracción urbanística leve, polo que poderá ser obxecto da correspondente sanción, por importe de entre 300 e 6.000 euros.

Suspensión

A propiedade pódese acoller á suspensión do prazo de presentación do IAE no caso de que vaia a executar todas as obras necesarias para obter posteriormente un IAE con resultado favorable. Para iso, debe solicitar, antes do vencemento do prazo de presentación do IAE, o título habilitante que corresponda para executar esas obras, ben sexa licenza ou comunicación previa, e posteriormente comunicarlle á Sección de Conservación da Edificación e Ruínas que se acolle á suspensión e achegar un certificado asinado polo/a técnico/a contratado/a para a elaboración do IAE (Modelo 149) no que se certifique que o título habilitante xa solicitado ou presentado abarca todas as obras necesarias para obter un resultado favorable no IAE.

A suspensión manterase durante o prazo de execución fixado na licenza concedida ou na comunicación previa presentada, ou durante un período máximo de seis meses se na comunicación previa non se especifica ningún prazo, e levantarase automaticamente ao vencemento do devandito prazo de execución.

A suspensión non produciría efecto no caso de que a solicitude de licenza sexa desistida ou denegada, ou ben concedida e posteriormente caducada, ou ben a comunicación previa sexa declarada ineficaz.

Non cabe suspensión para os inmobles cuxo prazo de presentación do IAE finalizase.

Para máis información:

Informe de Avaliación de edificios - IGVS (xunta.gal)

IEE (Informe de Avaliación do Edificio)

Pode contactar no enderezo de correo electrónico iae@coruna.gal ou no teléfono 981 184 200, extensións +10846, +10848, +10849, +10853, + 10831 +10832.

Presentación

Prazo de presentación:

A obriga de presentación do IAE non precisa requirimento previo por parte da Administración e estarán os inmobles obrigados polo mero feito de cumprir calquera das circunstancias sinaladas, nos seguintes prazos:

Edificios obrigados

Prazo de presentación

Edificios de calquera uso (excepto os non residenciais das normas zonais 6 e 7) que teñan máis de 50 anos a 12/04/2022

Finalizado o 20/05/2024

Edificios catalogados de menos de 50 anos a 12/04/2022

Finalizado o 20/05/2024

Edificios de calquera uso (excepto os non residenciais das normas zonais 6 e 7) que alcancen a antigüidade de máis de 50 anos con posterioridade ao 12/04/2022

O prazo do ano natural seguinte á data na que cumpran os 50 anos

Edificios de calquera uso que se cataloguen con posterioridade ao 12/04/2022

O prazo do ano natural seguinte á data na que se cataloguen

A presentación correspóndelle á propiedade do inmoble, que presentará o IAE como comunidade de propietarios ou, de non existir, pola totalidade das persoas propietarias do inmoble, ou se fose o caso, como propietario/a único/a.

Documentación necesaria:

Documentación necesaria

  • Solicitude: segundo o Modelo 148 (SÓ en caso de presentar a solicitude por vía presencial).
  • Informe de avaliación do edificio (IAE) xerado na aplicación do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta, elaborado e asinado dixitalmente polo/a técnico/a competente.
  • Modelo 149: Certificado técnico de suspensión do prazo de presentación do IAE (só no caso de que a propiedade se acolla á suspensión).

Outros documentos

  • Modelo 150: Certificación de emenda das deficiencias declaradas no IAE
  • Modelo 151: Autorización para a tramitación dos expedientes de IAE

Documentos relacionados

  • Mod. 151 Autorización tramitación expedientes de IEE (87 KB)
  • Mod. 149_Certificado técnico suspensión prazo IEE (43 KB)
  • Mod. 150_Certificación corrección deficiencias IEE (75 KB)
  • Mod. 148_Solicitude de tramitación de Informe (IEE) (98 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude de tramitación Mod. 148, e achegar xunto co resto de documentación que se indica na apartado de documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos incluídos no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñerse de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

A tramitación do IAE solicitarase cubrindo o formulario web a través da sede electrónica do concello, achegando o arquivo dixital PDF que xera a aplicación habilitada pola Xunta de Galicia para a súa elaboración, asinado polo/a técnico/a redactor/a, e demais documentación complementaria.

En caso de estar constituída a comunidade de propietarios do inmoble, esta debe presentar a documentación por rexistro telemático, co certificado de firma electrónica da devandita comunidade ou mediante representante, por exemplo o/a técnico/a redactor/a do IAE. A presentación deberá incluír un enderezo de correo electrónico, ao que se enviarán posteriormente os avisos de posta a disposición das notificacións na sede electrónica do Concello da Coruña.

En caso de non estar constituída a comunidade de propietarios e recaer a propiedade en varias persoas físicas e/ou xurídicas, poderán designar un representante, por exemplo o/a técnico/a redactor/a do IAE ou unha das persoas propietarias, para os efectos de tramitación do procedemento de IAE mediante a autorización asinada por todos/as os/as propietarios/as, dixitalmente polas persoas xurídicas e dixital ou manuscrita polas persoas físicas. Neste último caso, deberán achegar unha copia do DNI ou documento equivalente que acredite a súa identidade.

En calquera dos dous casos, poderá ser presentada a documentación polo/a técnico/a redactor/a do IAE, xunto cunha autorización para este efecto asinada dixitalmente pola comunidade de propietarios ou, en caso de non estar constituída, por todas as persoas propietarias do inmoble mediante a autorización indicada no parágrafo anterior.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2242

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Sen prazo

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

O IAE presentado inscribirase no REGIAE, tras comprobación e, de ser o caso, corrección, do cumprimento dos requisitos formais establecidos no citado Decreto 61/2021.

A inscrición do IAE no REGIAE non supón a conformidade do Concello sobre a idoneidade técnica do contido do informe, quen poderá facer as comprobacións oportunas e, se fose o caso, acordar a baixa do IAE no REGIAE.

Se o resultado do IAE é desfavorable, a propiedade deberá presentar a solicitude do correspondente título habilitante (licenza urbanística ou comunicación previa de obra, segundo a entidade dos traballos que se deban realizar e de acordo co esixido pola normativa vixente na materia) e, unha vez executados, presentar un certificado técnico no que conste que se realizaron a totalidade das actuacións necesarias para a corrección das deficiencias determinadas no IAE, e acreditar que a valoración do estado de conservación é Favorable.

No caso de que a propiedade non repare as deficiencias, se a conclusión do IAE que se presente fose desfavorable, xerará a apertura dun procedemento de deficiencias ou, se for o caso de ruína, coa obriga de pagar a taxa correspondente (103,00 € no caso de procedemento de deficiencias, ou 360,50 € no suposto de procedemento de ruína).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión