AEIM
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Educación
Si
Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2026-2027 (BOP núm. 45 - 09 de marzo de 2026) e convocatorias extraordinarias adicionais
Admisión nas Escolas Infantís Municipais
Dende o 16/03/2026 ata o 30/03/2026
Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.
NOVIDADES DA CONVOCATORIA 2026-2027
Xérase unha lista de espera única cando finalice o procedemento de matriculación na REIM previsto ata o 10 de xullo.
Ofreceránselles as vacantes que se produzan na REIM de acordo á súa franxa de idade, puntuación e letra de sorteo (os criterios regulados na xestión da lista de espera), ás persoas que están nas listas de espera xeradas no proceso ordinario de solicitude.
Posibilítase a opción de entrada de solicitudes fóra do período ordinario de solicitude de situacións excepcionais, aquelas que debidamente acreditadas xustifiquen unha situación de urxencia social, traslado á cidade fóra de prazo ou outras que serán valoradas polo Servizo municipal de Educación e a condición de que as persoas en situación de lista de espera non optasen a esa vacante e existisen vacantes dispoñibles.
VACANTES NO PROCESO ORDINARIO. REIM. CURSO 2026-2027
|
Escola |
0-1 anos (2026) |
1-2 anos (2025) |
2-3 anos (2024) |
Total vacantes |
|
ARELA |
16 |
23 |
22 |
61 |
|
MONTE ALTO |
8 |
13 |
23 |
44 |
|
CATIVOS |
16 |
10 |
19 |
45 |
|
LUÍS SEOANE |
8 |
29 |
20 |
57 |
|
CARACOLA |
16 |
10 |
14 |
40 |
|
CARRICANTA |
16 |
23 |
21 |
60 |
|
ROSALES |
24 |
16 |
22 |
62 |
|
AGRA DO ORZÁN |
16 |
10 |
17 |
43 |
|
Total |
120 |
134 |
158 |
412 |
DOCUMENTACIÓN XERAL
PREFERENTE
BAREMACION
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez que se cubra a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
CALENDARIO
| TRÁMITE | DATA/PRAZO |
|
Renovación de praza |
Do 9 ao 12 de marzo |
|
Traslado de praza |
Do 9 ao 12 de marzo |
|
Publicación das prazas vacantes para o curso 2026/2027 |
13 de marzo |
|
Preinscrición en liña e solicitude por rexistro |
Do 16 ao 30 de marzo |
|
Publicación das solicitudes presentadas |
4 de maio |
|
Prazo de alegacións e emenda contra a listaxe de solicitudes |
Do 5 ao 18 de maio |
|
Resolución provisional |
8 de xuño |
|
Alegacións |
Do 9 ao 22 de xuño |
|
Resolución definitiva |
30 de xuño |
|
Matrícula |
Do 1 ao 10 de xullo |
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible