SUBENTDEP
Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Deporte
Deportes
Si
Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña
Subvencións para entidades deportivas 2026
Dende o 07/04/2026 ata o 20/04/2026
Entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas para os 3 tipos de actividades da convocatoria.
Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta provisional de concesión da subvención, os seguintes:
a) Que carezan de fins lucrativos e que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención. O cumprimento deste requisito esixirá en todo caso estar constituído de conformidade coa normativa vixente e debidamente inscritos no correspondente rexistro administrativo.
b) Que a actividade ou proxecto para a que se solicite a subvención sexa coincidente con algunha das finalidades recollidas na Base 3 da presente convocatoria.
c) Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de subvención a persoa interesada poderá autorizar o Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o Concello da Coruña, e sempre que tecnicamente sexa posible, solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o propio Concello da Coruña, para verificar o cumprimento deste apartado. Con todo, a persoa solicitante ou o seu representante poderán opoñerse expresamente á consulta ou obtención da documentación sinalada, e deberán, neste caso, presentar a documentación acreditativa nos termos previstos regulamentariamente, e achegar as certificacións acreditativas oportunas.
d) Se a actividade para a que se solicita a subvención ten como suxeitos a menores de idade, deberá presentarse unha declaración responsable de que todo o persoal (incluído o voluntario) encargado de realizar tales actividades que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (segundo a redacción dada polo núm. 5 do artigo 13 introducido polo apartado oito do artigo primeiro da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE do 29 de xullo), e no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado. A declaración responsable requirida estará incluída no propio formulario de solicitude que será asinado polo/a presidente/a e o/a secretario/a da entidade.
e) Os demais contemplados na Ordenanza de bases reguladoras xerais do procedemento de concesión de subvencións do Concello da Coruña e na Lei xeral de subvencións.
Ningún
Concelleiro responsable da área de Deportes
Tipos de actividades subvencionadas:
1.A.- Actividade federada
1.B.- Actividade física ou deporte para todos/as.
Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de dúas (2) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só se poderán subvencionar dúas (2) actividades distintas dunha mesma entidade.
No caso da entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) durante o ano 2026 por parte da Concellería de Deportes ou dun ente colaborador, non terán dereito a solicitar ningunha subvención da liña 1, a non ser que o obxecto do convenio sexa da organización dun evento en concreto. No caso de compatibilidade, só poderá solicitar unha subvención das contidas na base 3.
O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80% do total del. En consecuencia, o coeficiente de financiamento propio será como mínimo do 20%. O orzamento máximo total en ningún caso será inferior a 2.000 euros; na fase de xustificación da actividade non se admitirán diminucións de orzamento total executado por baixo do dito límite. Se así sucedese, perderase o dereito á subvención e iniciarase un expediente de reintegro das cantidades percibidas, se fose o caso.
Normativas relacionadas
Tipo 1.A, 1.B e 2:
Prazo de 10 días hábiles para presentar a instancia, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026). Do 7 de abril ao 20 de abril de 2026, ambos incluídos.
Tipo 3:
Prazo do 18 de maio de 2026 ao 29 de maio de 2026, ambos incluídos.
- Estatutos e NIF da entidade
- NIF da persoa representante legal da entidade
- Certificación dos cargos representativos e domicilio social
Non dispoñible. Presentación telemática obrigatoria.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=942
Aviso importante sobre a convocatoria
Esta convocatoria comprende tres tipos de actividades (tipo 1.A, 1.B, 2 e 3).Neste momento só está aberto o prazo para presentar solicitudes das tipos 1.A, 1.B e 2.
O tipo 3 contará cun período específico de presentación, que estará habilitado do 18 ao 29 de maio, ambos inclusive.
Nove meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
O período utilizado para corrixir deficiencias e/ou achegar documentos interromperá o citado prazo.
Desestimatorio
O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación/publicación.
A corrección deberá facerse mediante o trámite de achega de documentación dispoñible nesta sede.
Recursos posibles:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible