SIGU
Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Sector público, Sociedade e benestar
Igualdade
Si
A finalidade das subvencións é apoiar economicamente as entidades da cidade na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo a criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.
Establécense dous lineas subvencionables dentro da presente convocatoria.
Liña 1: Fortalecemento do movemento asociativo no ámbito da acción polos dereitos das mulleres e a non discriminación de colectivos minorizados por cuestión de orixe; diversidade cultural ou étnica; diversidade de capacidades; diversidade de expresións de xénero, identidades ou orientacións sexuais, etc. O obxecto desta liña é o de apoiar economicamente lvos gastos de funcionamento precisos para contribuír á dinamización asociativa e ao fortalecemento colectivo do movemento asociativo activo pola igualdade e a diversidade no concello da Coruña.
Liña 2: Actividades de prevención das violencias machistas en sentido amplo e atención ás vítimas, accións pola defensa do recoñecemento e os dereitos das persoas LGTBQI e accións de promoción da igualdade de xénero.
Esta liña divídese nos seguintes programas:
Liña 2.1 Fomento da igualdade de xénero e da erradicación de violencias machistas en sentido amplo cara ás mulleres e menores.
A estes efectos, enténdese por fomento da igualdade de xénero aqueles proxectos e actuacións que contribúan de forma efectiva a eliminar calquera situación existente de desigualdade por razón de xénero, contribuíndo á igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Liña 2.2 Promoción activa e defensa dos dereitos LGTBQI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queers e intersexuais), repulsa de comportamentos baseados no odio ao non-heteronormativo e interseccionalidade con outras diversidades.
** NOTA IMPORTANTE: Poderase solicitar subvención para unha ou varias liñas e/ou programas subvencionables, que deberán ser obxecto de solicitudes independentes. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar con cada solicitude todos os anexos e documentos relacionados nas bases para cada unha delas, de forma independente.
Non poderán optar á liña 1 aquelas entidades que perciban unha axuda directa por parte do Concello da Coruña, no mesmo exercicio ao cal corresponde esta convocatoria, que teña como finalidade o financiamento dos gastos para o mantemento da entidade incluídos na base 7.2.
Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade para o exercicio 2025
Dende o 04/06/2025 ata o 02/07/2025
Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do artigo 13 de Lei Xeral de Subvencións así como os da convocatoria.
Estes requisitos deberán manterse ao longo do ano da convocatoria. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei Xeral de Subvencións.
A entidade deberá asinar a correspondente declaración relativa ao cumprimento destes requisitos e que figura no Anexo S1.
(** En relación ao requisito de Inscrición no REMAC, no suposto de non estar inscritos, deberá solicitar a súa inscrición, utilizando o trámite REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña. , debendo estar inscrita antes da data da proposta de concesión da subvención
Unha vez obtida a correspondente inscrición no REMAC, deberá comunicalo ao servizo que encargado da tramitación desta convocatoria).
Reformulación
Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención otorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.
Ningún
Titular da Concellería do Area de Benestar Social, Participación e Igualdade
Normativas relacionadas
20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 04 de xuño ao 02 de xullo, ambos inclusive).
Formulario web, debidamente cuberto.
MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1.
ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2.
OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS: (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante. (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade.
REMAC: Resolución de inscrición no REMAC. No suposto de non estar inscritos en REMAC, deberá solicitar a súa inscrición no servizo correspondente.
OUTRA DOCUMENTACIÓN: Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.
DOCUMENTACIÓN PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN
Anexo J.0 - Solicitude xustificación da subvención concedida.
Anexo J.1 - Memoria explicativa da actividade
Anexo J.2 - Balance de ingresos e gastos
Anexo J.3 - Relación detallada de ingresos e gastos
Anexo J.3A - Certificación individualizada sobre indemnizacións por razón de servizo
Documentos relacionados
NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2322
O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Desestimatorio
Recursos posibles:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible