ATEST
Presencial
Tramitación electrónica
Certificados
Transporte, Tráfico, Sector público, Seguridade, Policía
Policía Local, Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil
Si
Solicitude de copia de atestado de accidente de tráfico realizado pola Policía Municipal da Coruña
Copia de atestado de tráfico
Persoa física, interesado principal ou representante, que desexe obter unha copia do atestado elaborado pola Policía municipal dun accidente de tráfico ocorrido nas vías urbanas do municipio.
Aboar previamente a taxa municipal correspondente fixada na Ordenanza municipal no edificio municipal da rúa Franxa e facer constar que o obxecto da taxa é unha solicitude de atestado de tráfico.
Facilitaranlle dúas copias (branca e azul). A persoa solicitante débese dirixir ao Cuartel da Policía Local (r/ Tui), dependencias de Atestados de Tráfico, para recoller o atestado, logo da previa entrega da copia branca da taxa.
Taxa: a taxa establécese anualmente na Ordenanza fiscal núm. 01, reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
Titular da Concellería Delegada de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá
Prazo para solicitala: sen prazo.
Prazo máximo de resolución e notificación: segundo a Lei de procedemento administrativo son 10 días (pode ocorrer que o atestado non estea finalizado no devandito prazo pola falta de dilixencias que non puidesen ser realizadas: declaracións de testemuñas, de implicados, dilixencias de investigacións etc.).
Solicitude que faga constar o número de rexistro, data do accidente, lugar, matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e carácter co que actúa.
MOI IMPORTANTE: TELÉFONO DE CONTACTO
Solicitude xeral: solicitude debidamente cuberta. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda. Se a presentación é presencial non será necesario. Farase constar o número de rexistro, data do accidente, lugar, matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e carácter co que actúa, así como o teléfono de contacto.
Documentos identificativos: documento acreditativo de identidade no momento de efectuar a recollida do atestado xunto coa folla branca da taxa correspondente.
De forma presencial no Rexistro Xeral do concello. Enderezos:
A través do Rexistro Telemático NON se require identificación con DNI electrónico, certificado dixital avanzado e recoñecido, nin ningún outro medio recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.
En primeiro lugar é necesario verificar se o accidente en cuestión foi rexistrado como atestado de tráfico; para iso habería que contactar a través dun correo electrónico con atestados@coruna.es e solicitar se, efectivamente, o expediente foi rexistrado pola devandita unidade.
Para iso será necesario indicar a data do accidente, o lugar e a matrícula ou matrículas dos vehículos implicados e indicar o carácter co que actúa a persoa solicitante da información (implicado, representante).
Moi importante: deberase facer constar no encabezamento SOLICITUDE DE INFORMACIÓN SOBRE SINISTRO. A Unidade de Atestados contestaralle por correo electrónico se o dito accidente está rexistrado ou non. No primeiro caso informarano/a do seu número de rexistro e no segundo contestaranlle que non hai accidente rexistrado.
Unha vez recibida a solicitude, o persoal instrutor do expediente confeccionará o atestado. Unha vez finalizado este, poñeranse en contacto telefónico co/coa solicitante para indicarlle que o pode recoller en man, logo da previa identificación.
Para iso deberá aboar previamente a taxa municipal correspondente no edificio municipal da rúa Franxa (segundo a ordenanza en vigor) e fará constar que o obxecto da taxa é a solicitude de atestado de tráfico. Facilitaranlle dúas copias (branca e azul). O/a solicitante débese dirixir ao Cuartel da Policía Local (r/ Tui), dependencias de Atestados de Tráfico, para recoller o atestado, logo da previa entrega da copia branca da taxa.
Se vostede é un organismo oficial (Consorcio de Compensación, Xulgados etc.) non está suxeito ás taxas correspondentes.
IMPORTANTE: se o/a policía instrutor do atestado observa indicios de ilícito penal, non se lle facilitará copia á persoa solicitante nestas dependencias, polo que informará o/a solicitante de que para obter unha copia del deberá acudir ao Xulgado ao que foron remitidas as dilixencias e canalizarase este proceso a través dun/dunha avogado/a que o/a represente.
Segundo a Lei de procedemento administrativo: 10 días. (Pode ocorrer que o atestado non estea finalizado no devandito prazo pola falta de dilixencias que non puidesen ser realizadas: declaracións de testemuñas, de implicados, dilixencias de investigacións etc.).
Desestimatorio
Recursos posibles:
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que o tivese ditado nun prazo DUN MES, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo con sede na Coruña que por quenda corresponda, no prazo de DOUS MESES; en ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao da data de recepción da presente notificación (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).
Se opta pola interposición do recurso de reposición advírteselle:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible