Sede electrónica
Para a súa tranquilidade e seguridade informámoslle de que, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais, pola que se adapta o ordenamento xurídico español ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e o Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos personais e á libre circulación destes datos, os datos de carácter persoal que se obteñan da súa solicitude pasarán a formar parte do ficheiro automatizado de datos de carácter persoal OPENCERT, cuxa titularidade e responsabilidade corresponde ao Concello da Coruña, con domicilio en Praza de María Pita nº 1.Este ficheiro ten como finalidade a xestión da información administrativa necesaria para a tramitación dos procedementos correspondentes.A sinatura deste documento implica que a persoa solicitante resulta informada e dá o seu consentimento para o tratamento dos seus datos coa finalidade mencionada, para cada caso concreto.En virtude da referida Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, a persoa solicitante ou, se é o caso, o seu representante legal, poderán exercitar os dereitos de acceso,rectificación, cancelación ou oposición dos datos, dirixíndose ao Concello da Coruña, praza de María Pita, nº 1. Tel: 981 184 200