BTX
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Transporte, Sociedade e benestar
Servizos Sociais
Si
Tramitación de axudas económicas de carácter individual para persoas con discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos
Bono Taxi convocatoria 2021
Dende o 17/11/2021 ata o 16/12/2021
Persoas con discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos
Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións as persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia, ou Administración competente, que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos. Esta condición debe quedar acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.
As persoas beneficiarias, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións deberán cumprir os seguintes requisitos:
Ningún
Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación
O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento cincuenta e cinco mil euros (155.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.
O importe global dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 2.000,00 €, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias.
Prazos de presentación da solicitude: de 17 de novembro a 16 de decembro de 2021.
A solicitude de subvención presentarase no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da devandita convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencimiento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo termina o último día do mes.
Solicitude:
Solicitude específica, modelo 124, debidamente cuberta.
No modelo 124 pídese autorización en favor do Concello da Coruña para realizar as seguintes comprobacións. En caso de denegar a autorización, deberá presentar:
Documentos relacionados
Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro
Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.
e-DNI ou certificado electrónico
Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar o modelo 124 debidamente cuberto, e a documentación solicitada en caso de non autorizar ao concello para a consulta de datos doutras administracións, e incorporar a firma electrónica ao final do proceso.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282
O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de tres meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria.
Sentido do silencio denegatorio.
Os bonos-taxis serán entregados en soporte papel, polo importe total da axuda concedida, e con importes de 0,50 €, 1,00 € e 3,00 €.
Poderán utilizarse desde o momento da entrega ata o 31 de decembro de 2022.
As axudas para transporte en taxi son persoais e intransferibles. Para favorecer o control das axudas:
- As persoas beneficiarias deberán facer constar a súa sinatura no bono-taxi.
- Os bonos-taxis serán entregados pola persoa beneficiaria da axuda á persoa titular do taxi, debendo ademais exhibir o seu documento oficial de identificación.
A persoa beneficiaria da axuda deberá aboar o importe restante ata a totalidade servizo, resultante da diferenza entre o valor dos bonos utilizados e o importe total facturado
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible