Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña AFAS

Axudas Fondo de Acción Social para o persoal do Concello da Coruña

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Recursos humanos

Materia:

Sector público

Órgano responsable:

Persoal e Recursos Humanos

Vixente:

Si

Axudas económica do Fondo de Acción Social do Concello da Coruña para empregados do Concello da Coruña

Axudas Fondo de Acción Social para o persoal do Concello da Coruña

Inscricións:

Dende o 01/01/2024 ata o 31/01/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Empregados públicos do Concello da Coruña

Requisitos:

Ter a condición de empregado público do Concello da Coruña

Prezo / Custo:

Non procede

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

Presentación

Documentación necesaria:

  • Anexo Axudas solicitadas: Impreso onde se indican as axudas solicitadas xunto coa documentación específica para cada tipo delas (facturas, certificados etc).
  • Anexo Autorización consulta datos renda

Documentos relacionados

  • Anexo Axudas solicitadas Fondo Acción Social Concello da Coruña (94 KB)
  • Anexo Autorización consulta datos renda (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de Anexo de axudas solicitadas e, no seu caso, a documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=982

MOI IMPORTANTE: É imprescindible a achega de documentación xustificativa para cada axuda. En caso contrario, sería causa de exclusión.

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Contra a Resolución que resolva o procedemento poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión