Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña ano 2020 (EIXO 3 PRESCO)

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña ano 2020 (EIXO 3 PRESCO)

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Cultura e ocio

Órgano responsable:

Cultura

Vixente:

Si

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados no Concello da Coruña ano 2020 (Eixo 3 do Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña, Presco, liña 6: Programa dirixido á industria cultural).

Estas axudas teñen por finalidade fomentar a actividade creadora na cidade, facilitar a promoción das artes: plásticas, audiovisuais, escénicas, a literatura, o deseño, o cómic ou a ilustración, proxectos de investigación e creación de obra musical, así como a difusión da súa obra profesional, mediante as axudas a proxectos a desenvolver durante o ano 2020

Axudas de creación artística para artistas individuais empadroados Concello Coruña ano 2020 (EIXO 3 PRESCO)

Inscricións:

Dende o 18/08/2020 ata o 07/09/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Poderán ser beneficiarios das axudas as persoas físicas de maiores de idade que cumpran cos seguintes requisitos

Requisitos:

  • Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade de polo menos 2anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano en que se realice a solicitude.
  • Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa AgenciaTributaria estatal e autonómica, o Concello e a Seguridade Social.
  • Non estar a cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativacualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición para obter a condiciónde beneficiario de subvencións ( art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro , de Subvencións)..

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Presentación

Documentación necesaria:

  • Solicitude Específica: Solicitude que deberá cumprimentarse e presentarse no modelo oficial establecido que se adxunta a esta convocatoria.
  • Documentos identificativos: Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante.
  • Declaración responsable outras axudas ou subvencións: Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e as que lle foron concedidas para a mesma actividade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
  • Declaración responsable de non estar incurso en prohibición: Declaración responsable de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de persoa/entidade beneficiaria a que se refire o artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
  • Certificado bancario orixinal: Certificación dos datos bancarios do/da beneficiario/a de a subvención (orixinal expedido pola entidade bancaria).
  • Compromiso imaxe institucional: Compromiso de que figure o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores en calquera das actividades realizadas con relación co proxecto presentado.
  • Certificado obrigacións tributarias: Certificado acreditativo de atoparse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria estatal e autonómica, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de axuda o interesado autoriza ao Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De non facelo, deberá o interesado achegar as certificacións acreditativas oportunas.De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o Concello da Coruña, e sempre que tecnicamente sexa posible, solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Axencia Tributaria de Galicia e o propio Concello da Coruña, para verificar o cumprimento deste apartado. Con todo, a persoa solicitante ou o seu representante poderán opoñerse expresamente á consulta ou obtención da documentación sinalada, debendo neste caso, presentar a documentación acreditativa nos termos previstos regulamentariamente, achegando as certificacións acreditativas oportunas.
  • Outra documentación: Os demais contemplados na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei Xeral de Subvencións.
  • Proxecto: Proxecto (o máis detallado posible) para o que se solicita a axuda no que se poderán incluír, entre outros, os seguintes puntos:1. Título do proxecto.2. Breve descrición do proxecto e fundamentación do mesmo.3. Obxectivos do proxecto.4. Destinatarios, indicando número e características.5. Contexto social no que se desenvolve.6. Colaboradores no proxecto.7.Recursos humanos, materiais e económicos cos que se conta para a realización do proxecto8. Cronograma de realización do proxecto.9. Ferramentas de comunicación pública do proxecto,10. Medidas para a atención á diversidade e políticas de igualdade de xénero que se contemplan.11. Compromiso de utilización de linguaxe non sexista.12. Medidas para compatibilizar o proxecto co respecto ao medio ambiente e a súa sustentabilidade.
  • Orzamento: Orzamento, o máis pormenorizado posible, de ingresos e gastos do proxecto ou iniciativa para o que se solicita a axuda. Os orzamentos presentaranse cun cadro de ingresos e outro de gastos, no apartado de gastos só se deben incluír gastos correntes, non admitíndose gastos de investimento. En ningún caso a suma dos ingresos incluída a axuda solicitada pode superar o total dos gastos orzados.
  • Memoria: Memoria das actividades artísticas e culturais realizadas polo solicitante, ou currículo vitae do mesmo, no que veña detallada a súa actividade ou experiencia no ámbito cultural.
  • Carta invitación: Cartas de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc. achegarase tamén a carta de compromiso.
  • Memoria xenérica: Nos casos de proxectos de creación artística presentarase unicamente unha memoria xenérica e un orzamento de gastos.A documentación presentada coas solicitudes non se devolverá aos interesados, nin se manterá correspondencia sobre a mesma.No caso de que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo 1 apartado d) do artigo 53 da Lei 39/2015, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, no seu caso, emitido, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.No suposto de imposibilidade material de obter algún dos documentos, o órgano competente poderá requirir ao solicitante ou o seu representante, a presentación do devandito documento ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o mesmo, coa anterioridade á formulación da proposta de resolución.Os documentos normalizados sinalados como "anexos" nesta convocatoria son de enchemento obrigatorio e poderán ser ampliados polos solicitantes achegando a documentación que consideren oportuna para a mellor valoración das súas solicitudes.

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o formulario e achegar a demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das axudas é de 3 meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O período utilizado para a corrección de deficiencias e achega de documentos interromperá devandito prazo, ao amparo do artigo 22.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • No caso de desestimación presunta, que se producirá se no prazo dun mes non se resolveu o recurso de reposición interposto (art. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), a interposición do recurso contencioso-administrativo non se suxeita a prazo de caducidade (Sentenza do Pleno do TC STC 52/2014, de 10 de abril).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión