Concello da Coruña

Concello da Coruña

AEIM

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Educación

Vixente:

Si

Mediante este trámite presentaranse as solicitudes de inscrición nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2023-2024.

Admisión nas Escolas Infantís Municipais

Inscricións:

Dende o 06/02/2024 ata o 16/02/2024

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares con fillas ou fillos en idade de se inscribir nas Escolas Infantís Municipais por primeira vez.

Presentación

Documentación necesaria:

DOCUMENTACIÓN XERAL

  • Solicitude xeral: solicitude
  • Preinscrición en liña: xustificante de preinscrición en liña, asinado polos/as dous/dúas proxenitores/as (dispoñible nesta ligazón)
  • DNI: copia do DNI dos/as proxenitores/as
  • Libro de familia: Libro de familia ou documento que o substitúa
  • Certificado médico, en caso de que aínda non nacese o/a menor para quen se solicita a praza, indicando a posible data prevista para o seu nacemento. Nestes casos a condición de nado/a deberase acreditar no momento de realizar a matrícula na escola asignada.
  • Separación ou divorcio: sentenza ou documentación acreditativa conforme o/a menor está a cargo da persoa solicitante ou ben goza de custodia compartida.
  • Menores empadroados/as fóra do Concello da Coruña: presentarase o certificado de padrón onde se acredite que o/a menor reside con algún dos seus proxenitores.
  • Residentes doutros concellos que traballen no Concello da Coruña, deben acreditar un certificado de empresa no que conste que a persoa traballa nun centro con domicilio na Coruña.

PREFERENTE

  • Fillas/os de persoal empregado da escola: certificado do centro educativo
  • Irmás/áns de alumnas/os xa matriculadas/os para o curso 2023-2024: certificado da escola que o acredite
  • Informe de Servizos Sociais: en caso de menores en situación de urxencia social

BAREMACION

  • Familias monoparentais: certificado ou informe expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
  • Discapacidade: certificado expedido por órgano competente, se é o caso, do grao de discapacidade do/a menor ou de calquera das persoas proxenitoras que formen parte da unidade familiar
  • Necesidades educativas especiais: en caso de alumnado con necesidades educativas especiais, acreditación de tal circunstancia
  • Situación laboral: documentación xustificativa da situación laboral das persoas proxenitoras ou titoras mediante o informe de vida laboral actualizado. En caso de traballadores/as por conta propia, recibo de pagamento da cota á Seguridade social, ou da mutualidade do mes anterior ao período de solicitude.
  • Imposiblidade de atención: xustificación acreditativa da imposibilidade das persoas proxenitoras para atender o neno ou nena
  • Titulo de familia numerosa: título acreditativo da condición de familia numerosa expedido pola consellería competente da Administración autonómica.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso xeral de solicitude e demais documentación que proceda segundo o disposto no apartado de Documentación necesaria e, en todo caso, deberá achegar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral, mediante cita previa que poderá solicitar na ligazón. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos recollidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez que se cubrise a solicitude telemática, debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria" e entre os que deberá figurar inexcusablemente o xustificante de preinscrición en liña asinado polas persoas proxenitoras obtido en coruna.gal/educacion.

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo o caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos as e os notarios e as e os rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

TRAMITAR

Teléfono

Despois

E despois?:

Publicación das listaxes definitivas: 22 de febreiro

Matrícula: 27 e 28 de febreiro. As persoas con praza adxudicada deberán contactar coa escola correspondente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión