SDAV
Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Poboación e comunidades
Participación Cidadá
Si
Convocatoria específica para a concesión de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais destinadas a apoiar o funcionamento e a dinamización de actividades de interese social, cívico e cultural do concello da Coruña
Subvenciones dinamización asociacións veciñais 2026
Dende o 11/03/2026 ata o 10/04/2026
Asociacións e Federacións Veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC).
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA
Reformulación
Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención otorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.
Ningún.
Titular da Concellería do Area de Benestar Social, Participación e Igualdade
Normativas relacionadas
20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 11 de MARZO ao 10 de ABRIL de 2026, ambos inclusive).
DOCUMENTACIÓN COMÚN:
Formulario web, debidamente cuberto.
OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS: (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante. (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)
OUTRA DOCUMENTACIÓN: Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.
DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA LIÑA 1:
MEMORIA DE EXPERIENCIA E REPRESENTATIVIDADE (Anexo S-1)
ORZAMENTO: Orzamento de ingresos e gastos (Anexo S-2)
DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA LIÑA 2:
MEMORIA: Memoria descritiva da /actividade (Anexo S-3)
ORZAMENTO: Orzamento de ingresos e gastos (Anexo S-4)
Documentos relacionados
NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA
Deberá dispoñer de certificado electrónico recoñecido pola sede electrónica do Concello da Coruña.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Esta convocatoria ten dúas liñas de actuación. No caso de presentarse ás dúas liñas, deberá presentarse unha solicitude por cada liña solicitada.
Unha vez cuberto o formulario web ao que se accede con este botón, lembre ter preparados no seu equipo os arquivos coa documentación específica para ser achegada:
Linea 1: Anexo S-1 (Memoria de experiencia e representatividade), Anexo S-2 (Orzamento de ingresos e gastos)
Linea 2: Anexo S-3 (Memoria da actividade), Anexo S-4 (Orzamento de Ingresos e Gastos).
Así mesmo deberá achegar toda aquela documentación necesaria para a tramitación da súa solicitude.
9 meses a partir da finalización do prazo de presentación das solicitudes.
Desestimatorio
XUSTIFICACIÓN
O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.
A documentación acreditativa da xustificación da subvención deberá presentarse no prazo de tres meses contados a partir da finalización do prazo para a realización da actividade ou proxecto obxecto da subvención concedida. A documentación xustificativa deberá presentarse a través do trámite desta sede de Achega de documentación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible