Concello da Coruña

Concello da Coruña

Eira da Xoana

Un proxecto cultural e medioambiental no corazón do país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/09/2025

Xa rematou

Horario:

19:30 h 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto ; financiadas polo Concello da Coruña e deseñadas en colaboración coa Asociación veciñal Agra .

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"Contacto:

Contacto:

 agra@galizacultura.gal

Eira da Xoana é un proxecto, hoxe en forma de Fundación, que nace de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para levar á práctica, nunha pequena instalación en pleno centro de Galiza, o que viña defendendo desde a súa constitución.

En 2007, a partir dunhas ruínas e coa axuda da Administración, levanta unha pequena vivenda rural que serve de base para actividades durante todo o ano, sempre co obxectivo de defensa do medio ambiente  e da cultura galega .

Algúns eventos periódicos : celebración de solsticios, entroido ou defuntos, elaboración de sidra, día anual da Memoria democrática, actividade mensual de canto, baile e pandeireta; outros responden a necesidades puntuais: charlas formativas, rutas, eliminación de plantas invasoras, plantación de especies autóctonas...

Para falarnos da Fundación Eira vén o seu presidente, Xosé Salvadores Cobas , enxeñeiro técnico agrícola, profesor de debuxo, presidente de Lumieira nos anos 80, e participante no movemento ecoloxista galego a través de Adega. En 2025 publicou o caderno A fraga dos teixos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión