Un proxecto cultural e medioambiental no corazón do país.
Para público en general
18/09/2025
Ya ha finalizado
19:30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto ; financiadas polo Concello da Coruña e deseñadas en colaboración coa Asociación veciñal Agra .
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"Contacto:
agra@galizacultura.gal
Eira da Xoana é un proxecto, hoxe en forma de Fundación, que nace de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) para levar á práctica, nunha pequena instalación en pleno centro de Galiza, o que viña defendendo desde a súa constitución.
En 2007, a partir dunhas ruínas e coa axuda da Administración, levanta unha pequena vivenda rural que serve de base para actividades durante todo o ano, sempre co obxectivo de defensa do medio ambiente e da cultura galega .
Algúns eventos periódicos : celebración de solsticios, entroido ou defuntos, elaboración de sidra, día anual da Memoria democrática, actividade mensual de canto, baile e pandeireta; outros responden a necesidades puntuais: charlas formativas, rutas, eliminación de plantas invasoras, plantación de especies autóctonas...
Para falarnos da Fundación Eira vén o seu presidente, Xosé Salvadores Cobas , enxeñeiro técnico agrícola, profesor de debuxo, presidente de Lumieira nos anos 80, e participante no movemento ecoloxista galego a través de Adega. En 2025 publicou o caderno A fraga dos teixos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible