Persoas autónomas e micropemes cuxa actividade económica exérzase no termo municipal da Coruña
Considéranse micropemes aquelas que cumpran polo menos dous destes requisitos:
a) Que o total das partidas do activo non supere o millón de euros.
b) Que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os dous millóns de euros.
c) Que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a dez.
Ayuntamiento
As solicitudes poderán presentarse desde as 00.00 horas do día 1 de setembro de 2021 ata as 23.59 horas do 15 de setembro de 2021.
Ningún
Este trámite só se pode efectuar por vía telemática.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1582
AVISO: este procedemento é só para solicitudes novas.
Antes de proceder ao formulario electrónico, prepare a documentación e datos necesarios para cubrilo.
A sesión que se abrirá a continuación ten unha duración máxima de 30 minutos, polo que antes dese tempo deberá gravar a súa solicitude.
Se desexa engadir documentación a unha solicitude PRESCO 2021 xa presentada, deberá utilizar o procedemento de Achega de documentación á solicitude PRESCO 2021.
Si
O importe global desta convocatoria específica é de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible