Que son a clave pública e a clave privada?
A tecnoloxía actual usa, maioritariamente, nos procesos de asinado e cifrado, o que se chama criptográfica asimétrica. Isto quere dicir que a cada persoa usuaria que queira asinar e/ou cifrar asígnanselle dúas claves, unha pública e outra privada.
É conveniente saber que a clave que aparece no certificado electrónico é só a clave pública. A clave privada non aparece no certificado. Aínda que a dita clave privada puidese ser xerada pola mesma autoridade de certificación que expediu o certificado, e correspóndese só coa clave pública que aparece no certificado. A autoridade de certificación non pode almacenar en ningún momento a clave privada. Así pois cada certificado ten asociada unha clave privada, pero esta non aparece contida no certificado.
Como exporto a clave pública?
Se tes instalado o certificado nun navegador Chrome, Edge ou Internet Explorer en Windows podes realizar os seguintes pasos para exportar a clave pública:
Para máis información podes consultar este vídeo.
Se o teu sistema operativo é OSX e o navegador que utilizas é Safari é necesario que o certificado electrónico estea instalado en "Acceso a chaveiros" de Mac.
Inicie a aplicación desde "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a chaveiros".
Acceda a "Inicio de sesión", "Os meus certificados", seleccione o certificado para exportar e prema en "Arquivo", "exportar elementos" ou "exportar ítems" segundo a versión.
En "Formato de arquivos" seleccionamos "Certificado (.cer)", dámoslle un nome ao arquivo en "Gardar como", seleccionamos "Localización" e pulsamos en "Gardar".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible