Concello da Coruña

Concello da Coruña

VARDATPAD

Variación de datos padróns fiscais

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Economía, Facenda

Órgano responsable:

Economía e Facenda

Vixente:

Si

Cambio de domicilio e/ou variación de datos persoais en padróns fiscais (IBI, IVTM, Lixo, Cemiterios).

Mediante este trámite comunícanselle ao concello, para a súa actualización nos padróns fiscais correspondentes, todos aqueles cambios relevantes (domicilio, datos persoais etc...) para a xestión dos tributos.

Variación de datos padróns fiscais

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Xunta de Goberno Local

Presentación

Prazo de presentación:

Deberá presentarse a solicitude dentro do mes natural seguinte a aquel en que se produza a modificación sobrevida que pode orixinar alteración no Padrón.

Documentación necesaria:

Declaración: declaración de modificación de datos

Acreditacións: xustificante de representación (se é o caso)

Documentos relacionados

  • mod 106 Declaración modificación datos padróns fiscais (115 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Declaración de modificación de datos
  • Xustificante de representación (se é o caso)

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral, sempre con cita previa. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 106) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a/s modificación/s, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despóis?:

De conformidade co disposto no art. 86.5 da Ordenanza Xeral de Xestión, o concello non notificará as variacións derivadas de declaracións formuladas polo obrigado tributario sempre que a alteración se corresponda exactamente co contido da modificación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión