Concello da Coruña

Concello da Coruña

USOINSDEP

Solicitude de uso puntual de instalacións para eventos e outras actividades deportivas

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións

Materia:

Poboación e comunidades

Órgano responsable:

Deportes

Vixente:

Si

Este procedemento xestiona a posta a disposición a favor de particulares e entidades deportivas, das instalacións deportivas de xestión directa municipal, así como as convocatorias dos programas de eventos, campañas, cursos, xornadas e outras actividades deportivas.

No uso das instalacións deportivas ás que se refire este procedemento, daráselles prioridade ás entidades deportivas e aquelas sociais que presenten proxectos de actividades de carácter educativo ou de reinserción para executar con tales usos.

En ningún caso se admitirá a realización de carácter económico. Exceptúase o cobro de entradas, nese caso, o concello deberá participar nos devanditos ingresos nos termos regulados na Ordenanza fiscal n.º 15.

Solicitude de uso puntual de instalacións para eventos e outras actividades deportivas

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas que desexen facer uso puntual das instalacións deportivas de xestión directa municipal para eventos, campañas, cursos, xornadas e outras actividades deportivas.

Requisitos:

  • Darase prioridade no uso das instalacións ás entidades deportivas e aquelas sociais que presenten proxectos de actividades de carácter educativo ou de reinserción para executar con tales usos. En ningún caso admitirase a realización de carácter económico. Exceptúase o cobro de entradas, nese caso, o concello deberá participar nos devanditos ingresos nos termos regulados na ordenanza fiscal nº 15.
  • Existe un documento que regula as condicións de uso das instalacións deportivas, escolas deportivas municipais e outras actividades (Acordo da J.G.L. de 20/07/2007).

Prezo / Custo:

Taxa segundo ordenanza fiscal nº15.

No caso de que a actividade para desenvolver sexa de interese público ou social, poderá pedirse expresamente na solicitude o patrocinio da mesma, o que implicaría a exención da taxa en caso de concederse.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Deportes.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazo máximo de resolución e notificación: 3 meses.

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica: Solicitude específica, debidamente cumprimentada.

  • Documentacion: Documentación que acredite á entidade como deportiva ou social, no seu caso.

  • Proxecto: Proxecto da actividade que se pretende executar.

  • Seguros: Sempre, seguro de responsabilidade civil ou accidentes, ou licenza federativa no seu caso.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso específico de solicitude (modelo 082) e demais documentación que se sinala na apartado Documentación necesaria

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión