RCSP
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas, Cultura e ocio, Sector público
Cultura
Si
Solicitudes para a realización de rodaxes audiovisuais na cidade, incluíndo reserva temporal de uso de espazo público, cortes de tráfico, actividade en parques, xardíns, cemiterios e outras instalacións públicas, instalación de carpas, escenarios e/ou grupos electrógenos e manipulación de mobiliario urbano.
Existen dúas opcións de tramitación:
Comunicación de rodaxe: simplificado. Só para a realización de rodaxes con equipo material e técnico reducido (menos de 10 persoas), e que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico...Neste suposto debe tramitarse o procedemento "Rodaxes cinematográficos sinxelos: comunicación"
Solicitude de permiso xeral de rodaxe: a través deste procedemento tramitaranse todo o resto de supostos non comprendidos no apartado anteior.
Rodaxes cinematográficas (solicitude de permiso)
Persoas físicas ou xurídicas que desexen realizar rodaxes audiovisuais en espazos públicos no termo municipal
Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria
Ordenanza fiscal número 31. Taxa por ocupación temporal de vía pública para rodaxes cinematográficas de carácter publicitario
Titular da Concellería Delegada de Educación, Cultura e Memoria Histórica
Existe un convenio de colaboración coa Academia Galega de Audiovisual para a xestión dun servizo de apoio para a tramitación destes permisos de rodaxe (Galicia Filme Office).
Normativas relacionadas
Deberá presentarse a solicitude polo menos, quince días naturais antes do comezo da rodaxe sen cortes de tráfico, uso de espazos de titularidade municilpal ou uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...).
En todos os casos
En caso de instalación de carpas e escenarios
Á finalización da rodaxe
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=782
Dez días para rodaxes sen cortes de tráfico, nin uso de espazos de titularidade municilpal nin uso de instalacións auxiliares (carpas, estadas, escenarios, valos...). Vinte días se procede algunha destas incidencias.
Desestimatorio
Contra a resolución que se dite, poderá interpoñerse:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible