Concello da Coruña

Concello da Coruña

TEAMAB

Reclamación económico administrativa procedemento abreviado

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Revisión de actos administrativos e recursos

Materia:

Facenda

Órgano responsable:

Tribunal Económico Administrativo

Vixente:

Si

É un medio especílfico para impugnar os actos de aplicación dos tributos e de imposición de sancións tributarias que realice a administración municipal .

A reclamación económico-administrativa é un medio para impugnar os actos de aplicación dos tributos (xestión, inspección e recadación) e de imposición de sancións tributarias que realice a administración municipal e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes dela e os concesionarios de servizos públicos aos que se encomendou a exacción dalgunha taxa ou prezo público.

Reclamación económico-administrativa polo procedemento abreviado

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Os obrigados tributarios e os suxeitos infractores.

Calquera outra acode cuxos intereses lexítimos resulten afectados polo acto ou a actuación reclamable.

Cando se actúe mediante representante, deberá acompañarse a documentación que a acredite.

Requisitos:

Requisitos

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Tribunal Económico Administrativo Municipal

Máis información:

Recursos:

- Recurso contencioso-administrativo.

- Recurso de anulación ante o propio TEAM cando se declarou a inadmisibilade ou o arquivo da reclamación, cando se declararon inexistentes as alegacións ou probas presentadas e cando se alegue a existencia de incongruencia completa e manifesta da resolución.

Presentación

Prazo de presentación:

Un mes contado desde a recepción da notificación do acto reclamado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

Documentación necesaria:

Escrito de interposición que debe incluír:

- Nome, DNI do interesado, así como do representante, cando se actúe a través del.

- Domicilio a efectos de notificacións.

- Indicación de que se presenta unha reclamación económico-administrativa.

- Órgano ao que se dirixe (o autor do acto reclamado).

- Manifestación de que se remita ao TEAM da Coruña.

Copia do acto que se impugna: Copia do acto que se impugna.

Documentos identificativos: Cando se actúe mediante representante, deberá acompañarse a documentación que a acredite.

Outros documentos ou probas: Alegacións e probas que considere oportunas.

Documentos relacionados

  • mod 077 Reclamación económico-administrativa (364 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria", para efectuar a reclamación

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 077) debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a modalidade de exención ou bonificación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses desde a presentación da reclamación.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Recursos:

- Recurso contencioso-administrativo.

- Recurso de anulación ante o propio TEAM cando se declarou a inadmisibilad ou o arquivo da reclamación, cando se declararon inexistentes as alegacións ou probas presentadas e cando se alegue a existencia de incongruencia completa e manifesta da resolución.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión