Concello da Coruña

Concello da Coruña

REPU

Recarga municipal sobre o imposto nas estancias turísticas

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Tributario

Materia:

Comercio, Turismo

Vixente:

Si

O Imposto galego sobre as estancias turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia (IGET) é un tributo creado pola Xunta de Galicia e vixente desde decembro de 2024.

A lei permite ao Concello da Coruña aprobar unha ordenanza para aplicar unha recarga sobre o imposto do 100 %

Para que servirá o recadado polo concello:

Segundo a lei, os ingresos derivados desta recarga, estarán afectados a investimentos e a gastos vinculados á promoción, o impulso, a protección, o fomento e o desenvolvemento do turismo sustentable .

Os ingresos servirán, pois, para:

  • A mellora de infraestruturas, reformas urbanas e dotacións turísticas do Concello da Coruña
  • A mellora, o reforzo ou a ampliación dos servizos que o concello da Coruña presta aos visitantes.
  • A conservación e reparación do patrimonio cultural e natural, así como a promoción dun turismo de calidade e respectuoso co medio natural e co patrimonio.
  • A aplicación de medidas conducentes a combater o intrusismo e a fraude no sector do aloxamento turístico, así como a aplicación de boas prácticas laborais e da loita contra a precariedade laboral no sector turístico.
  • Medidas para mellorar as zonas con maior afluencia turística que permitan mellorar a convivencia entre as persoas residentes e acódelas turistas.

Taxa turística

Inscricións:

Dende o 01/01/2026 ata o 20/01/2026

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

As persoas físicas ou xurídicas titulares do establecemento turístico serán as obrigadas a facilitar os datos requiridos e a practicar a autoliquidación mediante a tramitación en liña. Previamente cobraríanlles o importe que corresponda ás persoas que se aloxaron nas súas instalacións.

Están suxeitas á recarga as estancias realizadas nun establecemento turístico (por exemplo hoteis, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, vivendas de uso turístico, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, albergues turísticos), ou as realizadas como cruceiristas en embarcacións de cruceiro turístico.

O importe para pagar calcúlase en función do número de estancias, con ou sen pernoctación, e da categoría do establecemento, cun límite de cinco estancias. O pago faise a través do establecemento turístico que, na factura que emite pola estancia, inclúe o concepto e o importe.

Presúmese, salvo proba en contrario, que a persoa titular da licenza de turismo é quen explota o establecemento ou equipamento.

Requisitos:

Esta recarga devindícase ao comezo da estancia nos establecementos e equipamentos suxeitos á recarga.

Con respecto ás estancias en embarcacións de cruceiro, a recarga devindícase, para as/os contribuíntes que se atopan en tránsito, no momento no que o barco fai escala na Coruña. A persoa que embarca na Coruña iniciando así a súa viaxe, ou aquela que desembarca porque ese porto é o destino final da súa viaxe, non devindica a recarga.

Prezo / Custo:

  • Ordenanza fiscal nº 34 (reguladora da recarga municipal sobre o imposto galego sobre as estancias turísticas na comunidade autónoma de Galicia):
    • Artigo 7. Importe da recarga: tipo de gravame e cota:
      1. Hotel de 5 estrelas, gran luxo, 4 estrelas superior, e establecemento ou equipamento de categoría equivalente: 2,50 euros.
      2. Hotel de 4 estrelas, 3 estrelas superior, 3 estrelas, 2 estrelas superior, e establecemento ou equipamento de categoría equivalente: 2,00 euros.
      3. Hotel de 2 estrelas, 1 estrela superior, 1 estrela, pensións e establecemento ou equipamento de categoría equivalente: 1,50 euros.
      4. Vivenda de uso turístico, albergues, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural: 2,00 euros.
      5. Vivendas turísticas: 1,00 euros.
      6. Embarcación de cruceiro: 1,50 euros.

Máis información:

Quen non pagará a recarga? (requirirase declaración segundo os Modelos 34.*):

  • Os/as menores de 18 anos.
  • Os/as deportistas federados/as que asistan a competicións oficiais na Coruña.
  • As estancias por motivos de saúde que cumpran os requisitos establecidos.
  • As estancias subvencionadas por programas sociais dunha Administración pública de calquera estado membro da Unión Europea.
  • As estancias por causa de forza maior, debidamente xustificadas.
  • As realizadas por persoas con discapacidade que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • As estancias realizadas en albergues públicos xestionados pola Xunta de Galicia a través da SA de Xestión do Plan Xacobeo.
  • As que se realicen con motivo habitacional como consecuencia da realización de obras de mellora ou acondicionamento na vivenda habitual na Coruña.
  • As que realicen as persoas participantes en congresos oficiais na cidade da Coruña organizados, patrocinados polo Concello da Coruña.
  • O persoal docente univesitario que veña impartir cursos oficiais á cidade da Coruña de duración inferior a cinco días.

Como se debe consignar a recarga na factura que se emita?

O suxeito pasivo substituto debe consignar na factura que lles emita ás súas persoas clientas, de maneira diferenciada da contraprestación polos seus servizos, o importe da cota da recarga con indicación do número de unidades de estancia e do tipo de gravame aplicado.

Cantos son os contribuíntes para computar no caso dun apartamento turístico cando se aluga sen coñecer o número de persoas que se aloxarán?

Deben computarse unha vez que se identificaron de acordo co previsto no artigo 11 do Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia e os artigos 4 a 6 do Real decreto 933/2021, do 26 de outubro, polo que se establecen as obrigas de rexistro documental e información das persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe.

"A persoa usuaria debe acreditar a súa identidade no momento de efectuar a entrada ao establecemento por medio dun documento suficientemente acreditativo. Este documento debe devolverse inmediatamente ao seu propietario ou á súa propietaria."

Por tanto, serán contribuíntes do imposto todas as persoas físicas que realicen unha estancia e que se sinalan no artigo 6 da ordenanza municipal e deberán acreditar a súa identidade no establecemento en que se aloxen, co fin de cumprir a obriga dos establecementos de levar o rexistro das persoas usuarias aloxadas.

Están suxeitos a gravame as pensións, os hostais e as pousadas?

Si, porque se consideran establecementos hostaleiros, de acordo co previsto nos artigos 9 e 10 do Decreto autonómico de Galicia 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hostaleiros.

Cando devindica o imposto?

En xeral, o imposto devindica ao comezo da estancia nos establecementos e equipamentos turísticos. En particular, e en canto ás estancias en embarcacións de cruceiros, o imposto devéñase, por parte dos contribuíntes que se atopan en tráfico, no momento en que o barco fai escala no porto da Coruña. A persoa que embarca no porto da Coruña iniciando así a súa viaxe, ou aquela que desembarca nel porque este porto é o destino final da súa viaxe, non deveña o imposto.

Como se autoliquida a recarga?

De forma telemática a través do procedemento dispoñible na Oficina Virtual do Contribuínte (require certificado dixital)

Cal é o período de liquidación da recarga e que cotas se deben incluír na autoliquidación?

Hai dous períodos de liquidación semestrais: do 1 da o 20 de xaneiro e do 1 ao 20 de xullo. A autoliquidación debe incluír as cotas devindicadas e esixibles dentro destes semestres para cada establecemento ou cruceiro.

Cal é o prazo de presentación e ingreso da autoliquidación?

Hai dous períodos de liquidación semestrais:

- Do 1 de xaneiro ao 30 de xuño do mesmo ano. Prazo para a presentación e ingreso da autoliquidación: do 1 ao 20 de xullo

- Do 1 de xullo ao 31 de decembro. Prazo para a presentación e ingreso da autoliquidación: do 1 e ao 20 de xaneiro do ano seguinte.

É necesario presentar autoliquidación cando non resulte ningunha cantidade para ingresar?

Non é necesario presentar a autoliquidación cando non resulte ningunha cantidade para ingresar, sen prexuízo da obriga das persoas suxeitos pasivos substitutos de conservar a documentación acreditativa das exencións aplicadas ata que finalice o prazo de prescrición.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazos de presentación e ingreso da autoliquidación:

  • Do 1 ao 20 de xaneiro: para autoliquidar as estancias realizadas do 1 de xullo ao 31 de decembro
  • Do 1 ao 20 de xullo: para autoliquidar as estancias realizadas do 1 de xaneiro ao 30 de xuño do mesmo ano

Se se presenta ou se fai a liquidación da recarga fóra de prazo sen requirimento previo da Administración, aplicaranse as recargas previstas no artigo 27 da Lei xeral tributaria (LXT).

Documentación necesaria:

Para completar o proceso de presentación da liquidación, a persoa titular do establecemento presentará nesta sede a seguinte documentación:

  • Modelo 162
  • Autoliquidación tramitada na Oficina Virtual do Contribuínte
  • Xustificante do ingreso da autoliquidación
  • Xustificantes das exencións

O importe para pagar calcúlase en función do número de estancias, con ou sen pernoctación, e da categoría do establecemento. O pago faise a través do establecemento turístico que, na factura que emite pola estancia, inclúe o concepto e o importe.

Documentos relacionados

  • Modelo 162 Presentación liquidación semestral recarga turística (106 KB)
  • Modelo 34.01 Declaración responsable rec. turístico. Motivos de saúde (62 KB)
  • Modelo 34.02 Declaración responsable rec. turístico. Deportistas federados (100 KB)
  • Modelo 34.03 Declaración responsable rec. turístico. Causa maior (60 KB)
  • Modelo 34.04 Declaración responsable rec. turístico. Menores 18 anos (59 KB)
  • Modelo 34.05 Declaración responsable rec. turístico. Discapacidade. (58 KB)
  • Modelo 34.06 Declaración responsable rec. turístico. Programas sociais (94 KB)
  • Modelo 34.07 Declaración responsable rec. turístico. Albergues Xunta Xacobeo. (75 KB)
  • Modelo 34.08 Declaración responsable rec. turístico. Congresos e Docentes (238 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Non se admite a modalidade presencial neste procedemento.

Internet

Que se necesita?:

A través desta Sede electrónica municipal deberá presentar:

  • Autoliquidación
  • Xustificante de pago
  • Documentación xustificativa das exencións

Previamente obtería os dous primeiros aquí (require identificación dixital).

Unha vez cuberta a autoliquidación debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación, solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

Procedemento en Oficina virtual tributaria:

Cubrir os datos do establecemento ou do cruceiro.

No caso de que a persoa titular teña diversos establecementos, deberá ir presentando autoliquidación por cada un deles, identificando a través do enderezo tributaria o establecemento do que se trata e introducindo por separado as estancias que corresponda.

Cubrir os datos da estancia

Accedendo á pestana "Estancias" e seleccionando o exercicio e o período, introducindo o número de estancias para declarar, tanto suxeitas como exentas.

Opcións de presentación e pago

Unha vez introducidas as estancias, desde a pestana "Autoliquidacións" pode presentar as autoliquidacións, pagalas e consultar o seu estado, que se irá actualizando (presentado, presentado e pago, ou erro).

Opcións para presentar e pagar:

1. Presentar e pagar telematicamente.

Obtense un ficheiro PDF co xustificante da autoliquidación realizada.

2. Presentar. Unha vez que se fixo a presentación telemática xérase un ficheiro PDF que contén dous documentos nun só arquivo: o xustificante da autoliquidación presentada e a carta de pago que permite facer o ingreso nunha entidade financeira colaboradora.

Nota: neste caso, pode tardar uns días en mostrarse o estado como pago.

(En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.)

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/sta/CarpetaPrivate/Login?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CREARLIQ_TUR

IMPORTANTE: para completar esta declaración ten que achegar a autoliquidación e o correspondente xustificante de pago. Se non dispón del, deberá liquidar previamente aquí

Teléfono

Despois

E despois?:

Se detecta algún erro

Se despois de presentar a autoliquidación detecta un erro na información do establecemento ou das estancias declaradas, deberá solicitar a rectificación da autoliquidación e presentar declaración complementaria.

No caso de que resulte unha cantidade para devolver, o trámite que hai que facer é: Devolución de ingresos indebidos

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión