Concello da Coruña

Concello da Coruña

PEV

Permiso de verteduras.

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Medio ambiente

Órgano responsable:

Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns

Vixente:

Si

Entenderase por permiso de vertedura municipal aquel que ten por finalidade comprobar que a evacuación das augas residuais por medio da rede de saneamento municipal, ou a vertedura directa na estación depuradora, acomódase ás normas establecidas, e que a composición e características das augas residuais mantéñense dentro dos límites establecidos.

No caso de que a evacuación das augas residuais sexa ao dominio público hidráulico ou ao dominio público marítimo-terrestre, a autorización da vertedura corresponderá ao organismo de conca ou administración hidráulica competente.

Permiso de verteduras

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

O permiso de vertedura á rede de saneamento outorgarao o Concello aos usuarios indicados no artigo 14 da ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello da Coruña:

  1. Usuarios industriais (todos), entendendo por usuario industrial os definidos no artigo 8, apartado b.2: Os que xeren vertidos tras a utilización da auga como un elemento directo ou indirecto dun proceso de produción nunha actividade industrial.
  2. Usuarios non domésticos, definidos no artigo 8, apartado b) e no artigo 14.2. a) cuxo vertido sexa superior a 2.000 m3 anuais (consumo de auga superior a este volume anual).
  3. Todos os usuarios que mesmo cunha vertedura inferior a 2.000 m3/ano orixinen contaminación especial nos termos do artigo 47.1.c) da Lei 9/2013 de augas de Galicia (Art. 14.2.b).
  4. Á súa vez, todos os usuarios que utilicen augas cuxa procedencia non sexa da rede de abastecemento municipal (usuario non doméstico segundo o artigo 14. 2. d).
  5. Así mesmo, as actividades que incorporen auga en proceso e/ou estean obrigadas pola Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Requisitos:

Consultar requisitos específicos segundo cada tipoloxía de verteduras no apartado: ¿A quen vai dirixido?

Prezo / Custo:

Taxa fiscal (300 euros para o ano fiscal 2020) prevista na Ordenanza fiscal nº 7.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Máis información:

  • O permiso de verteduras ten unha vixencia de oito anos e carácter intransferible.
  • O permiso de verteduras deberá revisarse cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume da vertedura, cando se alteren substancialmente as circunstancias do momento da súa concesión, ou cando sobreveñan outras que xustifiquen a súa denegación ou a súa aprobación en termos diferentes. En todo caso, nos supostos previstos no artigo 19.2 da ordenanza municipal de verteduras.
  • O permiso de verteduras poderá ser revogado, previa audiencia do seu titular, nos supostos previstos no artigo 20 da ordenanza municipal de verteduras.

De cada permiso concedido dáse traslado á Xunta de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 33.1 do Decreto 14/2012, de 21 de xuño.

Presentación

Prazo de presentación:

  • Os titulares de actividades indicadas no artigo 14.2 da ordenanza dispoñían do prazo dun ano para contar desde a entrada en vigor da ordenanza para solicitar o permiso de verteduras.
  • Os novos titulares das actividades do artigo 14.2 haberán de solicitar o permiso antes de efectuar ningunha vertedura de augas residuais.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral.
  • Xustificante de abono das taxas.
  • Documentacion adicional: Toda a documentación que se indica no anexo IV da ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do concello da Coruña (BOP nº 143, de 30 de xullo de 2013), e posteriores requirimentos realizados por técnico municipal.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (121 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén poderá descargalo desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión