PPSCPV
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Recursos humanos
Emprego
Persoal e Recursos Humanos
Si
Participación en procedementos de selección de persoal.
Participación en probas selectivas
Os e as interesadas que reúnan os requisitos sinalados en cada convocatoria
Taxa por dereitos de exame:
Grupo A1 ou asimilado = 24,16 €
Grupo A2 ou asimilado = 19,31 €
Grupo C1 ou asimilado = 14,50 €
Grupo C2 ou asimilado = 9,65 €
Grupo "Outras agrupacións profesionais" ou asimilado = 4,85 €
Supostos de non suxeición:
- Probas selectivas para a elaboración de listaxes de persoal funcionario interino
- Procesos selectivos da quenda de promoción interna
Estarán exentas do pagamento da taxa:
a) As persoas con minusvalía igual ou superior ao 33 por 100.
b) Previa xustificación, as persoas que figurasen como demandantes de emprego durante un prazo de, polo menos, seis meses anteriores á data de expiración do prazo de presentación de instancias para a participación neste proceso selectivo. Para iso deberá presentarse o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.
Titular da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior
Pode consultar as bases xerais polas que se rexerán os procesos selectivos que convoque o Concello da Coruña para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario de carreira, quenda libre, así como as prazas reservadas a promoción interna incluídas nas correspondentes Ofertas de Emprego Público na seguinte ligazón.
Pode consultar as bases específicas de cada proceso na web de Selección de Persoal, clicando nesta ligazón:
Normativas relacionadas
Consultar as bases específicas de cada convocatoria
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=842
Lembre ter cuberto e gardado no seu equipo o Modelo 095 Solicitude de participación en probas selectivas, pois deberá achegar o ficheiro no proceso de presentación da solicitude.
Non procede
Contra a Resolución que resolva o procedemento poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Outras versións
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible