Concello da Coruña

Concello da Coruña

PPSCPV

Participación en probas selectivas para a cobertura de prazas vacantes

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Recursos humanos

Materia:

Emprego

Órgano responsable:

Persoal e Recursos Humanos

Vixente:

Si

Participación no procedemento de selección de persoal para cubrir prazas vacantes

Participación en probas selectivas para a cobertura de prazas vacantes

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Os interesados que reúnan os requisitos que se sinalen en cada convocatoria

Requisitos:

  • Ser español (ter nacionalidade española).
  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Dispoñer da capacidade funcional para a realización das funcións ao posto ao que che presentarás.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas.Dispoñer da titulación esixida para acceder á oposición á que che presentes.
  • Non estar inhabilitado para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado
  • Os establecidos especificamente en cada convocatoria.

Prezo / Custo:

Taxa por dereitos de exame:

Grupo A1 ou asimilado = 24,16 €

Grupo A2 ou asimilado = 19,31 €

Grupo C1 ou asimilado = 14,50 €

Grupo C2 ou asimilado = 9,65 €

Grupo "Outras agrupacións profesionais" ou asimilado = 4,85 €

Estarán exentas do pago da taxa:

a) As persoas con minusvalía igual ou superior ao 33 por 100.

b) Previa xustificación, as persoas que figurasen como demandantes de emprego durante un prazo de, polo menos, seis meses anteriores á data de expiración do prazo de presentación de instancias para a participación neste proceso selectivo. Para iso deberá presentarse o documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

Máis información:

  • Pode consultar as Bases da Convocatoria Unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral convocadas polo Concello nesta ligazón.
  • Pode consultar as bases específicas de cada proceso na web de Selección de Persoal, clicando nesta ligazón

Presentación

Prazo de presentación:

Consultar as bases específicas de cada convocatoria

Documentación necesaria:

  • Solicitude de participación (modelo 095).
  • Taxas de participación (consultar bases específicas).
  • Outra documentación: Méritos, xustificantes... (consultar bases específicas).

Documentos relacionados

  • MODE_095: Solicitude de participación en probas selectivas para cubrir prazas vacantes (88 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para tramitar a devandita solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=842

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despóis?:

Contra a Resolución que resolva o procedemento poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión