Concello da Coruña

Concello da Coruña

PCP

Participación cidadá no Pleno

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Sector público

Órgano responsable:

Alcaldía

Vixente:

Si

A través deste procedemento poderá solicitar participar no Pleno municipal, procedemento que ten por obxecto facer efectivo o dereito de intervención da cidadanía nos lenos municipais na quenda pública de rogos e preguntas sobre temas concretos de interese municipal que terán lugar ao final da sesión.

A posibilidade de abrir o Pleno á participación cidadá está recollida na normativa vixente de réxime local conformada pola Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, o Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF), e o propio Regulamento orgánico de participación cidadá do Concello da Coruña, ao que se remite expresamente para estes efectos o Regulamento orgánico municipal do Concello (artigo 40.3).

Participación cidadá no Pleno

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

O dereito para intervir nas sesións do Pleno recoñéceselles a todas as persoas que viven, están empadroadas ou desenvolven a súa actividade profesional no Concello da Coruña.

Requisitos:

Consultar o apartado "A quen vai dirixido?"

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Alcaldía

Máis información:

Pode obter máis información na web municipal.

Presentación

Prazo de presentación:

Durante todo o ano, aínda que a solicitude deberá recibirse cunha antelación mínima de cinco días hábiles á realización das sesións do Pleno ordinario no que se pretenda expoñer o rogo ou pregunta.

Documentación necesaria:

  • Formulario: formulario dispoñible no rexistro e publicado na web

Documentos relacionados

  • Instancia: solicitude de participación cidadá no Pleno. Mod. 075 (122 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado "Documentación necesaria".

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude específico, que tamén o poderá descargar desde esta páxina.

Tamén se poderán remitir mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Como se fai?:

Acudindo a calquera dos rexistros municipais do Concello da Coruña.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede desexa presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Ver instrucións específicas sobre este procedemento publicadas na web municipal.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión