Concello da Coruña

Concello da Coruña

OCM

Oferta Contrato Menor

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Contratación pública

Materia:

Sector público

Órgano responsable:

Concello da Coruña

Vixente:

Si

Presentación electrónica de ofertas nas contratacións menores nas que se promova concorrencia mediante publicidade no Perfil do contratante ou solicitude de ofertas.

Ofertas Contrato Menor

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa física ou xurídica con plena capacidade de obrar, e a habilitación profesional necesaria para realizar a prestación, que non se atope incursa nas prohibicións de contratar ás que se refire o artigo 71 da LCSP, ou no caso de persoa xurídica, que as prestacións obxecto deste contrato menor, estean comprendidas dentro dos fins, obxecto ou ámbito da súa actividade a tenor dos seus estatutos ou regras fundacionais, ademais dos demais requisitos sinalados na declaración responsable que deberá acompañar á solicitude segundo anexo II (ver impresos de solicitude, Instrución 2/2019, sobre a actividade contractual do Concello da Coruña).

Requisitos:

  • Requisitos específicos definidos no apartado anterior: "¿A quen vai dirixido?".

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titulares de concellerías delegadas ou direccións de área por delegación de atribucións da Xunta de Goberno Local.

Presentación

Prazo de presentación:

Cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte á publicación do anuncio no perfil do contratante ou da recepción da solicitude de oferta.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral: Solicitude de admisión.
  • Ofertas: Oferta.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Este procedemento só poderase tramitar a través da Sede electrónica municipal, identificándose por algún dos medios admitidos na mesma.

Internet

Que se necesita?:

  • Nesta sección a través do rexistro electrónico identificándose por algún dos medios recoñecidos pola sede electrónica do Concello da Coruña.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo
  • Recurso extraordinario de revisión

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión