Concello da Coruña

Concello da Coruña

HUR

Hortos urbanos.

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións, Rexistros e censos

Materia:

Medio ambiente

Órgano responsable:

Medio Ambiente, Sanidade, Cemiterios, Parques e Xardíns

Vixente:

Si

O Concello creou un espazo público dedicado a hortas de lecer con destino a prácticas de agricultura ecolóxica no Barrio de Novo Mesoiro.

As persoas empadroadas no Concello da Coruña poderán solicitar a autorización para o uso dun dos hortos durante dous anos, ampliables por outro ano máis.

Hortos urbanos

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa física maior de 18 anos ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:

  • Estar inscrita no padrón municipal e A Coruña cunha antigüidade mínima dun ano anterior á publicación da convocatoria no BOP (publicado o 01.08.14).
  • Estar ao corrente do pago das obrigacións tributarias ou doutra índole co Concello da Coruña.
  • Non ter en propiedade a persoa solicitante nin ningunha outra da súa unidade familiar, nin en usufructo ou arrendamento ou baixo calquera outra forma de cesión, terreos aptos para cultivo.
  • Estar capacitado/a para cultivar un pequeno horto sen que supoña un risco para a súa saúde.

Categorías

Establécense as seguintes categorías de solicitantes:

I. Persoas con ingresos anuais menores que o 75% do IPREM.

II. Xubiladas/vos ou maiores de 65 anos.

III. Adultos maiores de 30 anos.

IV. Mozos de entre 18 - 30 anos.

Prezo / Custo:

Prezo público pola utilización de hortos de lecer (ordenanza fiscal 43):

  • Cota de inscrición 50 Euros (en todo caso)(obrigatorio).
  • Cota mensual 25 Euros. Será gratuíta para solicitantes da categoría I, aos que se aplica a tarifa social.

Previa valoración do interese artístico, representativo ou social da prestación, a Xunta de Goberno Local poderá reducir o importe das tarifas antes fixadas ou decidir a non esixencia de prezo público algún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Medio Ambiente e Sustentabilidade.

Máis información:

Na solicitude deberán detallar expresamente:

  • A categoría á que desexa acollerse.
  • O nome e parentesco doutros membros da unidade familiar convivencial que o solicitante desexe incluír como autorizados para o uso e aproveitamento do horto, que deberán reunir os mesmos requisitos que os esixidos para ser solicitante.

Só se admitirá unha única solicitude por unidade familiar.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

  • Solicitude xeral.
  • Documentos identificativos: Fotocopia do DNI do solicitante e de cada unha das persoas da unidade familiar convivencial que figurarán como autorizados.
  • Xustificante de abono das taxas.
  • Fotografias: Dúas fotografías tamaño carné do solicitante e daquelas persoas que incluíse na súa solicitude.
  • Pagos: Modelo impreso de domiciliación do pago das cotas mensuais.
  • Declaración xurada: Declaración xurada na que faga constar non ter en propiedade a persoa solicitante nin ningunha outra da unidade familiar, nin en usufructo ou arrendamento, ou baixo calquera outra forma de cesión, terreos aptos para o cultivo.
  • Declaración da renda: Só para os solicitantes do grupo I: fotocopia compulsada da última declaración da renda ou certificado negativo expedido pola Axencia Estatal Tributaria, relativo á non obrigación da súa presentación, referido ao solicitante e ás persoas da unidade familiar convivencial que desexe que figuren como autorizados, ou aceptación de que os seus datos fiscais e o dos membros da unidade familiar, no seu caso, sexan directamente comprobados polo propio Concello.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (121 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude dirixido ao Servizo de Medio Ambiente e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar na solicitude, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Contra a Resolución que se dite poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Outras versións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión