Concello da Coruña

Concello da Coruña

117LCOV

Devolución por rateo da taxa de lixo por cesamento de actividade por causa da declaración do primeiro estado de alarma do exercicio 2020 (Mod. 117)

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Tributario

Materia:

Facenda

Vixente:

Si

Procedemento de devolución por rateo da taxa de lixo por cesamento de actividade por mor da declaración do primeiro estado de alarma do exercicio 2020.

Devolución por rateo da Taxa de Lixo 2020, cesamento de actividade por estado de alarma (Mod.117)

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos da taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos.

Requisitos:

Utilizarase este procedemento para solicitar a devolución da taxa que se devindicase durante o peche consecuencia do primeiro estado de alarma, e para os epígrafes especificados.

  • Persoas xurídicas: deberán ter a consideración de microempresas.
  • Persoas físicas: deberán desenvolver unha actividade a título lucrativo, contar cun persoal medio de empregados/as inferior a 10 persoas e un volume anual de operacións inferior a un millón de euros.

Actividades que poden beneficiarse da devolución por rateo da taxa de lixos: (abrir o despregable)

  1. COMERCIO

    1. GRUPO 651. COMERCIO POLO MIÚDO DE PRODUTOS TÉXTILES, CONFECCIÓN, CALZADO, PELES E ARTIGOS DE COIRO.
    2. Dentro do GRUPO 652, as actividades comprendidas nos epígrafes:
      1. 652.3.- Comercio polo miúdo de produtos de perfumería e cosmética, e de artigos para a hixiene e o aseo persoal.
      2. 652.4.- Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herboristerías.
    3. GRUPO 653. COMERCIO POLO MIÚDO DE ARTIGOS PARA O EQUIPAMENTO DO FOGAR E A CONSTRUCIÓN.
    4. GRUPO 656. COMERCIO POLO MIÚDO DE BENS USADOS TALES COMO MOBLES, PEZAS E UTENSILIOS COMÚNS DE USO DOMÉSTICO.
    5. GRUPO 657. COMERCIO POLO MIÚDO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS EN XERAL, ASÍ COMO DOS SEUS ACCESORIOS.
    6. GRUPO 659. OUTRO COMERCIO POLO MIÚDO.
    7. GRUPO 972 SALÓNS DE PEITEADO E INSTITUTOS DE BELEZA.
  2. HOSTALERÍA

    1. GRUPO 671. SERVIZOS EN RESTAURANTES.
    2. GRUPO 672. EN CAFETERÍAS.
    3. GRUPO 673. EN CAFÉS E BARES, CON E SEN COMIDA.
    4. GRUPO 676. SERVIZOS EN CHOCOLATERÍAS, XEADERÍAS E HORCHATERÍAS.
    5. GRUPO 681. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS E MOTEIS.
    6. GRUPO 682. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOSTAIS PENSIÓNS.
    7. GRUPO 683. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN PENSIÓNS E CASAS DE HÓSPEDES ASI COMO O DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS AGRÍCOLAS QUE NON SEXAN DECLARADOS COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA A UNHA ACTIVIDADE AGRICOLA, GANDEIRA OU FORESTAL.
    8. GRUPO 684. SERVIZO DE HOSPEDAXE EN HOTEIS APARTAMENTOS.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Dirección de Área de Economía de Facenda e Réxime Interior

Máis información:

Forma de tramitación: declaración responsable.

Presentación

Documentación necesaria:

  • Modelo 117 de solicitude de devolución taxa lixo COVID-19.
  • Certificado de titularidade da conta bancaria.
  • Copia da solicitude de ERTE presentada ante a Autoridade Laboral.
  • Domicilio fiscal e centro de traballo da persoa solicitante: (no caso de opoñerse a que o concello consulte o dato).
  • Declaración de alta no censo de actividades económicas e verificación do volume de negocios da persoa solicitante: (no caso de opoñerse a que o concello consulte o dato).
  • Informe de vida laboral da empresa expedido pola Seguridade Social: (no caso de opoñerse a que o concello consulte o dato).

Documentos relacionados

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria", para o beneficio fiscal que se vai solicitar.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos incluídos no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 117) debe ter preparados os ficheiros que necesite, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

IMPORTANTE:

Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de ter no seu ordenador o Modelo 117 de solicitude devolución taxa lixo COVID-19, dispoñible nesta mesma páxina, debidamente cuberto, xa que deberá achegalo a continuación.

Para que a súa solicitude sexa tramitada deberá achegar, ademais do citado Modelo 117, a documentación xustificativa do tipo de beneficio solicitado que se indica no apartado "Documentación necesaria".

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da *Ordenanza xeral de xestión*). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertirao/a de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

  • Recurso de Reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
  • Reclamación Económico Administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión