Concello da Coruña

Concello da Coruña

Certificado de Últimas Vontades

En que consiste?:

O certificado de últimas vontades é o documento que acredita se unha persoa outorgou testamento e ante que notario. Desta forma, os herdeiros poderanse dirixir ao notario autorizante do último testamento e obter unha copia (autorizada) del. Este documento precísase para a realización de calquera acto sucesorio.

Onde se fai?:

Pódese solicitar a través de tres vías:

  • Presencial: Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza.
  • Por correo postal.
  • En liña: a través da páxina web www.mjusticia.gob.es (con certificado dixital)

Enderezo:

Rúa Alcalde Manuel Casás s/n, 2º. 15001 A Coruña

Horario:

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Teléfono:

981 246 231

981 246 329

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Requisitos:

  • O certificado de últimas vontades ten que solicitarse unha vez que transcorresen quince días hábiles a partir da data de defunción.
  • Pode solicitalo calquera persoa, sempre que presente os documentos requiridos.

Documentación:

  • Impreso Oficial modelo 790 cuberto (pódese obter na oficina de rexistro da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza, no Rexistro Civil ou a través da páxina web: www.mjusticia.gob.es).
  • Certificado de Defunción (orixinal ou copia debidamente compulsada) expedido polo Xulgado de Paz ou o Rexistro Civil correspondente á localidade na que a persoa falecese. Non será necesario achegar o devandito documento no caso de que o falecemento estea inscrito no Rexistro Civil con data posterior ao 2 de abril de 2009, xa que se consultará telematicamente.
  • Aboar a taxa establecida.

Internet

Páxina web:

www.mjusticia.gob.es

Teléfono

Máis información:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión