Concello da Coruña

Concello da Coruña

Autorización residentes ORA (zona verde)

En que consiste?:

Permiso que permite estacionar nas zonas reservadas para residentes (zona verde) no sector correspondente e na franxa horaria que ocupa a zona ORA (luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; sábados de 10:00 a 14:00 horas).

Requisitos

Soamente terán dereito aquelas persoas físicas, excluíndo en todo caso as xurídicas, que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter o seu domicilio na Zona ORA.
  2. Ser titular do vehículo para o que solicita a autorización.
  3. Estar ao corrente de pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica no Concello da Coruña.
  4. Non ter pendente de pago en vía executiva sancións de circulación co Concello da Coruña.

Onde se fai?:

Prazo de presentación:

Prazo de solicitude:

Desde o 15 de decembro de 2025 ata o 31 de xaneiro de 2026 (ambos inclusive)

Prezo / Custo:

TAXA AUTORIZACIÓN RESIDENTES: 18,65€ por ano natural ou fracción (Ordenanza Fiscal nº 21).

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

1. Para RENOVACIÓN POR VÍA PRESENCIAL (persoas que xa dispoñían de autorización no 2025 e que non modificaron as condicións anteriores*):

Achegar, nas Oficinas do Grupo Setex (Avda. Fernández Latorre, 11, Baixo), os seguintes documentos:

Tras realizar o trámite, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.

* No caso de que cambiasen as condicións que deron lugar á autorización correspondente ao ano 2025, deberán solicitar unha alta nova.

2. Para ALTA NOVA POR VÍA PRESENCIAL:

Achegar, nas Oficinas do Grupo Setex (Avda. Fernández Latorre, 11, Baixo), os seguintes documentos:

Unha vez comprobada a documentación, procederá ao abono da Taxa por importe de 18,65€. Poderá facelo en efectivo ou a través de pago con cartón nas mesmas Oficinas. O usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.

Internet

Que se necesita?:

1. Para RENOVACIÓN POR VÍA TELEMÁTICA (persoas que xa dispoñían de autorización no 2025 e que non modificaron as condicións anteriores*):

Achegar, a través da seguinte ligazón, https://residentescoruna.gruposetex.es/:

Unha vez recibida e comprobada a documentación, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.

* No caso de que cambiasen as condicións que deron lugar á autorización correspondente ao ano 2025 deberán solicitar unha alta nova.

2. Para ALTA NOVA POR VÍA TELEMÁTICA:

Para solicitar por primeira vez, a autorización de residente ORA (Zona Verde) deberá achegar, a través da ligazón https://residentescoruna.gruposetex.es/:

Tras recibir e comprobar a documentación, o usuario recibirá un correo electrónico informando se cumpre ou non coas condicións para o acceso a esta autorización. En caso afirmativo, o usuario deberá realizar o abono da Taxa por importe de 18,65 €, no número de conta ES23 0081 5363 2400 0114 9316 (Titular: SETEX APARKI, S.A.). No concepto deberá figurar: nome da solicitante-matrícula-ano (exemplo: Xosé Pérez Fernández-1234BBB-2026).

  • O documento xustificante do abono deberá achegalo tamén a través da páxina web https://residentescoruna.gruposetex.es/ no apartado "Consultar estado de solicitude", introducindo a matrícula e o código recibido tras envíoo da solicitude. Unha vez recibido e comprobado o abono da taxa, o usuario recibirá un correo electrónico coa confirmación do alta como usuario residente para o ano 2026.

Teléfono

Máis información:

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión