Concello da Coruña

Concello da Coruña

TEUS

Autorización de uso puntual dos espazos TEUs: Faro de Oza, Ribeira Sacra 15 e 17, TEU Azahar e TEU Birloque

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Información

Tipo:

Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións

Materia:

Sector público, Participación

Órgano responsable:

Participación Cidadá

Vixente:

Si

Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso gratuíto, público e aberto.

En todos os casos a autorización de uso dos TEU será GRATUÍTA.

Poden solicitarse para facer unha reunión, celebración, evento familiar, actividade formativa, social ou cultural, etc.

Para poder utilizalos é preciso ser maior de idade e estar empadroado/a na Coruña, aínda que tamén poden solicitarse en representación dunha entidade ou asociación inscrita no REMAC ou dun colectivo informal con sede dentro do termo municipal da Coruña.

Na actualidade, o Concello da Coruña conta con cinco espazos abertos de uso cidadán xestionados pola Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade.

Máis información sobre os espazos nas seguintes ligazóns:

Os locais da rede están dispoñibles para o seu reserva e uso todos os días, incluíndo sábados, domingos e festivos, excepto cinco días ao ano en que permanecerán pechados: os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro.

De maneira xeral, unha mesma persoa poderá utilizar un mesmo TEU un máximo de 12 días ao ano e un día ao mes.

A solicitude de uso realizarase sempre a través do sistema xenérico de Cita Previa (https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/).

As autorizacións concédense para o uso dun local da rede durante un día completo, en horario de 9:00 h a 22:00 h, por estrita orde de presentación das solicitudes de reserva.

Autorización de uso puntual dos espazos TEU: Faro de Oza, Ribeira Sacra 15 e 17, TEU Azahar e TEU Birloque

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 18 anos, empadroadas na Coruña, para uso propio ou en representación de entidades ou asociacións con sede na Coruña.

Requisitos:

A solicitude de reserva para o uso privativo dun espazo TEU deberá ser cursada sempre por unha persoa física, que pode facelo en nome propio ou ben en representación dunha entidade xurídica (asociación, comunidade, etc.). Os requisitos que se deben acreditar son os seguintes:

  • En caso de solicitar o espazo en nome propio, deberá ser maior de idade e figurar empadroada no Concello da Coruña.
  • En caso de solicitalo en representación dunha asociación, a persoa deberá ser maior de idade e a entidade deberá estar inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña (REMAC).
  • En caso de solicitalo en representación dun colectivo ou outro tipo de organización, a persoa deberá ser maior de idade e a entidade a que representa deberá ter a súa sede (ou unha delegación estable) no termo municipal da Coruña.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Benestar Social, Participación e Igualdade

Máis información:

O gozar do espazo efectuarase baixo a absoluta responsabilidade da persoa solicitante, que asumirá o cumprimento das condicións de uso.

A persoa solicitante é responsable de que o local se utilice unicamente para o uso concreto para o que se autorizou e deberá estar presente durante todo o tempo que dure a súa utilización.

Non se poderá exceder en ningún momento a capacidade máxima do local (50 persoas no Faro de Oza; 35 persoas en Ribeira Sacra 15; 50 persoas en Ribeira Sacra 17; 20 persoas no TEU Azahar e 30 persoas no TEU Birloque), ou no seu caso o aforamento limitado que se estableza por razóns sanitarias ou doutra natureza, nin o horario máximo permitido que, en todo caso, nunca excederá as 22:00 h.

Para formalizar a solicitude, é preciso acceder a Cita Previa e consultar os calendarios de dispoñibilidade:

TEU FARO DE OZA

TEU RIBEIRA SACRA 15

TEU RIBEIRA SACRA 17

TEU AZAHAR

TEU BIRLOQUE

Presentación

Prazo de presentación:

Pode solicitarse un día cunha antelación mínima de 15 días naturais antes da data desexada e un máximo de 60 días posteriores.

Documentación necesaria:

Ningunha

Canles de presentación

Presencial

Como se fai?:

Soamente nas dependencias de Participación Cidadá, no Centro Municipal de Emprego nos Rosales, asentarán a petición no sistema de cita previa.

Internet

Que se necesita?:

Poderá facer a solicitude desde o botón "Tramitar en liña" desta mesma páxina ou desde as ligazóns dispoñibles na sección "Sobre o procedemento / Máis información".

Non é necesario certificado dixital.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Espazos TEUs

Teléfono

Como se fai?:

Poderase solicitar a reserva a través do teléfono de atención cidadá 010.

Este servizo asentará a petición no sistema de cita previa para iniciar a tramitación.

Despois

Prazo de resolución:

Unha vez realizada a solicitude de reserva, a persoa solicitante recibirá no seu correo electrónico o xustificante da solicitude no que se recollerá o local e o día solicitado, así como a data e hora da solicitude e o código localizador.

O xustificante non implica de maneira directa a conformidade e a autorización de uso do TEU solicitado, posto que será necesario que o Servizo de Paricipación Cidadá verifique que a petición cumpre os requisitos recolleitos na normativa interna para confirmar a reserva.

No prazo de 7 días laborables remitirase, tamén por correo electrónico, a autorización pertinente xunto coas condicións de uso ou, no seu caso, a notificación da resolución de denegación, segundo corresponda.

A tramitación administrativa das cesións de uso particular dos espazos TEU adopta a forma de autorización de uso puntual. A denegación tomará a forma de resolución motivada.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Cada espazo TEU ten asignado un punto físico de entrega e devolución das chaves. No correo electrónico de confirmación da reserva indicarase cal é o punto de recollida das chaves de acceso ao TEU autorizado. Unicamente poderá recoller a chave de acceso a persoa solicitante, identificándose co seu DNI, quen deberá asinar unha declaración responsable na que asume que coñece a normativa e condicións de uso dos TEUs, e responsabilízase do seu cumprimento.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión