Concello da Coruña

Concello da Coruña

AMDTC

Alta e modificación de datos da Tarxeta Cidadá. Tarxeta Millennium

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Certificados, Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sector público

Órgano responsable:

Mobilidade

Vixente:

Si

Tarxeta Millennium

A través deste procedemento poderá solicitar a alta e modificación de datos da Tarxeta Cidadá.

Existen varias modalidades de Tarxeta Millennium:

  1. Tarxeta Millennium Xeral
  2. Tarxeta Millennium Social (persoas desempregadas, pensionistas, xubilados/as, persoas con diversidade funcional, escolar e menores de 13 anos)
  3. Tarxeta Millennium Universitaria

Alta e modificación de datos da tarxeta cidadá: Tarxeta Millennium

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas estean ou non empadroadas no Concello da Coruña.

No suposto de menores de idade, o contrato debe ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Requisitos:

Aboar a taxa correspondente por expedición ou duplicado, se for o caso.

Prezo / Custo:

  • A expedición por primeira vez da tarxeta require aboar unha taxa de 3 euros para as persoas empadroadas no Concello da Coruña e de 7 euros para as non empadroadas.
  • A expedición dun duplicado é gratuíta no caso de deterioración técnica da tarxeta (sen responsabilidade da persoa usuaria). Para os supostos de roubo, perda ou extravío deberase aboar a taxa de 7 euros.

Órgano que resolve:

Titular da concellaría delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

Servizos:

A tarxeta consta de dous moedeiros diferentes e independentes:

  • Moedeiro transportes:
    • Actualmente, está habilitado para o pagameto do billete de transporte urbano e, proximamente, tamén se poderá utilizar no transporte metropolitano.
    • Este moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 60 euros.
  • Moedeiro servizos municipais:
    • Actualmente, utilízase para acceder aos servizos das Bibliotecas Municipais (como carné de socio) e ao servizo Bicicoruña.
    • En breve, poderase utilizar para pagar e acceder ás instalacións deportivas municipais, para pagar a entrada dos museo municipais e para pagar en aparcadoiros públicos.
    • O moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 180 euros.

Normas de utilización:

  • Pódese recargar ou consultar os movementos da tarxeta nos caixeiros automáticos, nos terminais pay-cash que hai dentro das oficinas de Abanca (ten a vantaxe de poder recargar a tarxeta con diñeiro en efectivo) e en calquera oficina da dita entidade financeira.
  • A tarxeta pódese cargar cun límite mínimo de 5 euros e máximo de 60 euros para o moedeiro de transportes e de 180 para o moedeiro de servizos.
  • A carga do moedeiro non poderá efectuarse ata o día seguinte ao da súa obtención. Poderase, ao mesmo tempo, trasladar o saldo, se o houber, da vella tarxeta á nova e obter a fianza depositada coa entrega da antiga.
  • Os importes cargados no moedeiro de transporte da tarxeta non poderán ser reclamados, traspasados nin serán devoltos no caso de que non fosen utilizados polo/a titular.
  • O/a titular poderá cancelar o contrato no momento que crea oportuno e deberá entregar a tarxeta. Unha vez tramitada e entregada a baixa, poderá solicitar a devolución do saldo almacenado e non utilizado do moedeiro de servizos.
  • Nos casos de perda, subtracción ou uso por terceiros distintos do/a titular da tarxeta, este/a asume a perda do importe co que se atope cargada a dita tarxeta.
  • O/a titular poderá traspasar a totalidade ou parte do saldo que en cada momento teña almacenado no moedeiro de servizos ao moedeiro de transporte. Porén, non será posible traspasalo do moedeiro transporte ao moedeiro de servizos.

A Tarxeta Millennium é nominativa. Para realizar calquera trámite en nome doutra persoa que non sexa a titular da tarxeta, é necesario unha autorización e mais o DNI tanto da persoa autorizada como da que autoriza (impresos de autorizacion dispoñible en calquera das nosas dependencias, da Tarxeta Millennium).

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

  • Contrato de solicitude: contrato de solicitude, debidamente cuberto e asinado.
  • Acreditación orixinal da identidade ou da representación.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Como se fai?:

  • De forma presencial, no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello.
  • Nos demais supostos determinados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debe presentar máis documentación para achegar a solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede Electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede Electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da dita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo, entenderanse incluídos os/as notarios/as e os/as rexistradores/as da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado ou interesada que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

30 días

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra este acto , que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que ditase, nun prazo dun mes, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses. En ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao de recibir a presente notificación (arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Se opta pola interposición do recurso de reposición, advírteselle:

-Que non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa ou desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

-Que unha vez que transcorra o prazo dun mes, desde a súa presentación, sen que se notificase a resolución, entenderase desestimado, para os efectos de interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

-Que contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o órgano da Xurisdición Contencioso-Administrativa antes citado, no prazo de dous meses, que contarán a partir do día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa; e, se non o for, no prazo de SEIS MESES, que contarán a partir do día seguinte ao de producirse a desestimación presunta.

Todo iso sen prexuízo do seu dereito para interpor calquera outro recurso que se estime procedente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión