Concello da Coruña

Concello da Coruña

AVP

Actuacións na vía pública

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións

Materia:

Urbanismo e infraestruturas

Órgano responsable:

Mobilidade

Vixente:

Si

Solicitude para que o Concello realice actuacións de mellora ou reparación na vía pública referidas á sinalización vertical, sinalización horizontal ou semáforos.

Actuacións na vía pública

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa física ou xurídica que solicite a actuación.

Requisitos:

Solicitude xeral debidamente cumprimentada na que deberá especificarse claramente o lugar e alcance da actuación que se solicita.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Negociado de circulación

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo.

Documentación necesaria:

Solicitude xeral debidamente cumprimentada

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (121 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Cubrir o impreso de solicitude

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=362

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Non hai resolución en sentido estrito senón que, comunícase mediante oficio o informe técnico emitido polo técnico de circulación e se procede ou non a execución do solicitado. O oficio faio a xefa de servizo dando traslado do informe técnico á persoa que solicita.

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión