Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Mantemento sede

    Cando:

    Dende o 02/06/2026 ata o 04/06/2026

    Por tarefas de mantemento, a sede non estará dispoñible o vindeiro mércores 4 de xuño de 2026 a partir das 15.30 h. Lamentamos as molestias que se poidan ocasionar.

Xuño 2026 - O DOC DO MES - GEN_

GEN_, o documental do mes de xuño

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2026

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Duración:

104 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://docsbarcelona.com/es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

No Hospital público Niguarda de Milán, o pouco convencional doutor Bini lidera unha misión valente supervisando a futuros pais que se someten á fecundación in vitro e os procesos de persoas que buscan reconciliar os seus corpos coa súa identidade de xénero. El navega entre as restricións impostas por un goberno conservador e un mercado agresivo ansioso por converter os corpos en mercadoría.

Gianluca Matarrese

Gianluca Matarrese, director italiano afincado en París, consolidouse como unha das voces máis relevantes do cinema documental actual. Durante os últimos cinco anos dirixiu nove filmes moi ben recibidos, proxectados en festivais internacionais de primeiro nivel como a Biennale de Venecia, IDFA, Thessaloniki, CPH:DOX, Hot Docs, DMZ, Festival de Turín, Visions du Réel, Biografilm, Festival dei Popoli ou Cinéma du Réel.

A súa obra explora unha gran diversidade de temáticas: a modificación do corpo, a afirmación de xénero, a decadencia económica, os traumas non resoltos, o teatro e o constante xogo entre realidade e ficción.

Un documental de Gianluca Matarrese

Francia, Italia 2025

104 minutos - VO en italiano subtitulado español

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión