Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2025 - TROGLODITAS de Tanxarina

Teatro de actores e manipulación de monicreques de varilla

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/11/2025

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 €

abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

menores de 3 anos: 2,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://tanxarina.es/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolemia. Unha insólita función onde da man dos monicreques e das súas habilidades mais primitivas, imos coñecer a forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación. Unha orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía que farán que as persoas espectadoras perdan durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Trogloditas é un espectáculo no que os actores protagonistas conseguen trasladar as persoas espectadoras ata a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario abraiante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.

    Dirección: Evaristo Calvo

    Elenco: Miguel Borines, Andrés Giráldez, Paulo Medal

    Público: + 5 anos

    Duración: 50 minutos

    Espectáculo en galego

    *Premio María Casares ao mellor vestiario e maquillaxe

    VENDA DE ENTRADAS:

    • www.ataquilla.com
    • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
    • Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión