Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEN NUMERAR Primavera 2026 - NADA SE SABE de Manuel Lourenzo

Nada se Sabe baséase na obra A Taberna de Clitia, de Manuel Lourenzo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/03/2026

Inscricións:

Este espectáculo ten unhas características moi especiais cara á inclusión no ámbito cultural, que non só é un dereito, senón tamén un paso fundamental cara a unha sociedade máis equitativa e diversa.

As medidas de accesibilidade no teatro, do mesmo xeito que no resto das artes vivas, teñen un papel fundamental ao garantir que as persoas con diferentes tipos de discapacidade - visual, auditiva, motriz ou cognitiva - poidan gozar plenamente dos espectáculos, é polo que neste espectáculo impleméntanse as seguintes medidas de accesibilidade

1.- LSE durante todo o espectáculo.

2.- Visita táctil para persoas invidentes, unha hora antes da función. Acceso libre.

3.- Audiodescrición: As persoas que a soliciten deben levar as súas propios auriculares.

4.- Programa de man en Braille: dispoñible no despacho de billetes para préstamo durante o espectáculo.

5.- Programa de lectura fácil

**Se necesita das medidas de accesibilidade 2 ou 3 deberá comunicalo identificandose través do correo forummetropolitano@coruna.gal antes do día 4 de marzo as 15 horas.

En canto a Audiodescrición temos 8 aparellos que se confirmarán por orde de petición a través do correo forummetropolitano@coruna.gal e en canto a visita tactil deberán acudirse unha hora antes do evento.

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €.

carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

NADA SE SABE constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema, que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, e que se detén na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles. Súmase igualmente a delicada selección musical, a mestura de linguaxes e a súa formulación como un reto á audiencia para cuestionarnos o que entendemos por discapacidade e por integración.

Autoría e adaptación: Manuel Lourenzo

Dirección: Ignacio García e Fran Rei

Elenco: Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá, Elvis GarcíaTorres, Alba Chao

Compañía: Centro Dramático Galego e Culturactiva

Duración: 60 minutos

Público: non recomendada para menores de 14 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión