Concello da Coruña

Concello da Coruña

R. Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia.

O decreto contén a normativa de desenvolvemento da Lei 8/97, de 20 de marzo, de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia. para a adecuada execución dos preceptos lexislativos, estruturándose en dous artigos polos que se aproban o Regulamento e os correspondentes anexos, unha disposición derogatoria e dous finais.

Ámbito:

Autonómico

  • Boletín: Diario Oficial de Galicia Número 41
  • Data de Publicación: 29/02/2000
  • Data de entrada en vigor: 01/03/2000

Páxina web:

https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/normativa/decreto_35_2000_accesibilidade.pdf

Ten por obxecto desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo de forma pormenorizada as normas que garantan ás persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación a accesibilidade e a utilización da contorna urbana, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial e promovendo á súa vez a utilización de axudas técnicas adecuadas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas.

Así mesmo, tamén é obxecto deste regulamento o establecemento de medidas de fomento para conseguir a integración das persoas con limitacións, a regulación do control do cumprimento da normativa de aplicación na materia, o desenvolvemento do réxime sancionador previsto para o caso do incumprimento da normativa vixente, a desaparición progresiva de todo tipo de barreira ou obstáculo físico ou sensorial así como a definición concreta dos parámetros de accesibilidade recollidos no código de accesibilidade que deben ser tidos en conta en cada caso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión