O pleno infantil, presidido pola Alcaldesa da cidade, terá lugar o xoves 27 de novembro ás 11:30 horas no Salón de Plenos Municipal. Participarán un total de 430 escolares de 5º e 6º de EP, acompañados do seu profesorado e familiares, de 8 centros da cidade.
Para público en xeral
27/11/2025
O Pleno infantil terá lugar ás 11:30 horas.
Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña
O Concello da Coruña, en colaboración con UNICEF, súmase á celebración do 20 de novembro do Día Internacional da infancia, cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade e nenos/as participantes do Consello Local da Infancia (CLIAC).
O pleno infantil, presidido pola Excma. Alcaldesa da cidade, terá lugar o xoves 27 de novembro ás 11:30 horas no Salón de Plenos Municipal. Participarán un total de 430 escolares de 5º e 6º de EP, acompañados do seu profesorado e familiares, de 8 centros da cidade.
O Salón de Plenos transformarase, de maneira temporal, nun espazo de reflexión para que os nenos e nenas da cidade acheguen a súa visión sobre os dereitos recolleitos na Convención sobre os dereitos dos nenos e as nenas (CDN) e expresen como estes dereitos reflíctense na súa vida cotiá.
Máis información na páxina do programa: Pleno infantil 2025-26
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible