Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2025

Os Bolechas. A muller orquestra

O martes 9 de decembro chegan os Bolechas á Coruña

Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema: Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo? Pois vai ser "A muller orquestra". Tocará todo ela: bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta etc.

Volven os Bolechas ao programa FalaRedes 2025 da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

A actividade está recomendada para público familiar con crianzas maiores de 3 anos.

Realizarase no auditorio do Centro Ágora e a entrada será libre ata que se complete a capacidade. Pídese puntualidade. 

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión